Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andainas polo litoral

Medio Ambiente convoca os sábados 3,10, 17 e 24 de outubro a andaina “A flora das dunas de Cesantes e o litoral de Soutoxuste” con saída ás 10:15 dende a punta de Cesantes. Inscrición na oficina de turismo, no enderezo turismoedondela.gal ou no teléfono 986400300.

Pago do IBI

O prazo para o pago do imposto sobre Bens Inmobles remata o 15 de outubro. Pódese facer nas oficinas de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya. As persoas que non teñan o recibo poden solicitar un duplicado na oficina de recadación, na rúa Ernestina Otero.

Shopping Days

Medio cento de comercios súmanse a esta cita comercial que se vai desenvolver o venres 9 e o sábado 10 e que teñen como novidade principal a proxección online, que permitirá aos clientes acceder aos descontos tamén a través da rede ata o 20 de outubro con descontos do 20% en produtos de tempada e […]

Trogloditas de Tanxarina

A compañía de títeres redondelá representa este venres ás 18:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o espectáculo Trogloditas. As entradas son gratuítas e débense retirar previamente no propio multiúsos.

Arranca a Batalla de Rande

O sábado 10 o casco urbano de Redondela acolle os actos previos a celebración da batalla que terá lugra nos días 17 e 18 nas inmediacións do Meirande.

Cantares con Leni Pérez

O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 18 un concerto no que descubriremos a tradición da música oral no Camiño Portugués a Santiago. 15 temas da tradición oral recollidos nas comarcas polas que discorre o camiño que se poderán escoitar as 18:00 horas na voz de Leni Pérez acompañada do acordeonista Roberto Comesaña. Entrada de […]

Axudas polo Covid

O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal

Samaín Infantil en Reboreda

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda celebra o Samaín de 19.00 a 21.00 horas con animación infantil a cargo de Orquestra de Camarote e O Bardo Abelardo. Merenda de balde.  Aforo limitado. Inscricións por whatsapp no 621 39 02 62.

Teatro: Os tres porquiños

As entradas para ver a obra de Educateatro no auditorio da Xunqueira están agotadas para a función do domingo ás 18.00 horas, pero todo o público que o desexe poderá seguir a función en directo a través da páxina de Facebook do Concello de Redondela.

A Casa de Papá Noel

Entre o 15 e o 24 de decembro poderá visitarse a casa de Papá Noel na Alameda Castelao de Redondela en horario de 17.00 a 19.30 horas. O día 24 tamén en horario de mañán de 11.00 a 14.00.

Alberto Vilas. Naialma

O músico redondelán presenta o seu último traballo no auditorio da Xunqueira. Entrada de balde con recollida de billete no Multiúsos. Aforo limitado. O concerto será retransmitido en directo a través do Facebook do Concello de Redondela.

En busca de Santa, O Musical

A Escola de Danza Miriam Pino protagoniza este espectáculo no Auditorio da Xunqueira a beneficio de Unicef.  Entradas esgotadas, trasmitirase en directo polo Facebook de Piyopi Animaciones para todas as familias #amigossolidarios365dias que queiran colaborar. Achegas a través da ligazón https://www.unicef.es/donacion-gotas