Reboreda recupera un dos seus símbolos, o Carballo das Cen Pólas, coa plantación dun novo exemplar A parroquia de Reboreda acollerá este sábado 21 ás 11:30 horas o acto oficial en torno á plantación dun novo carballo, nun acto cargado de simbolismo que coincide coa celebración do Día da Árbore. Este exemplar substituirá ao actual, […]
Este sábado día 21 de Marzo, o Centro Cultural de Cedeira celebra a partires das 19.00 o día de San Xosé coa actuación do Coro tradicional de Cidadelle e o grupo Lembranzas Moañesas. A entrada é de balde. Colaboran neste evento o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.
Homenaxe a Michael Jackson e Queen cun concerto no Multiúsos da Xunqueira Noches Encendidas é un espectáculo homenaxe a Michael Jackson e Queen que se celebrará en Redondela o sábado 21 de marzo, ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están a venda no Kiosko Cocó e de xeito online en dentralia.com
Artelixo convida a reflexionar sobre o mar e amplía o prazo para presentar obras ata o 22 de marzo O certame ecoloxista, reivindicativo e artístico máis senlleiro regresa un ano máis co obxectivo de encher as rúas, prazas e escaparates da vila de propostas artísticas elaboradas con material de refugallo. A cita desenvolverase dende o […]
O músico holandés Martien Maas imparte un curso intensivo en Redondela A Orquestra de Saxos de Redondela, en colaboración co Conservatorio Victor Ureña, organiza este fin de semana unhas xornadas de práctica instrumental dirixidas polo recoñecido músico holandés Martien Maas. A iniciativa, que colgou o cartel de completo, culminará o domingo cun concerto aberto ao […]
O programa de actuacións polas parroquias que promove o Concello de Redondela chega esta fin de semana a Cedeira. Será o sábado 28 con actuación a partir das 22:00 horas no Centro Cultural da parroquia do grupo TicTac. Entrada de balde.
A festa da Ostra de Arcade celebrará a súa XXXVIII edición do 3 ao 5 de abril O peirao de Arcade acollerá os días 4, 5 e 6 de abril unha nova edición da Festa da ostra, unha das citas gastronómicas máis destacadas da provincia e que cada ano reúne a milleiros de visitantes que […]
A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o xoves 9 e o vernes 10 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días en […]
O ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela chega ao seu remate coa obra "Os fabulosos Cleaners" que representará a compañía Malasombra o 12 de abril. Unha obra que conta a historia de dous operarios de limpeza dun teatro que por casualidade descobren as infinitas posiblidades creativas que agochan as súas ferramentas de traballo […]
A celebración da Feira do libro de Soutomaior arranca o xoves 23 de abril, Día do Libro, ás 20.30 h. na Biblioteca Municipal Luís Seoane co espectáculo de narración oral ‘Non sei se foi verdade ou se o lin nun libro’ de Ángeles Goás. Unha cita destinada a público adulto.
A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este venres 24 de abril ás 18:30 horas o contacontos infantil "Na busca do tesouro" a cargo de Expresión Producións. Unha actividade aberta a todo o que queira achegarse enmarcada na programación da Semana do Libro organizada polas Biblitoecas Municipais
Presentación do libro de toponimia da parroquia do Viso. Teresa Monteagudo foi a encargada da redacción do texto e impartirá unha charla neste acto presentación que terá lugar hoxe venres 24 de abril ás 19:30h, na Sociedade Cultural do Viso. Haberá reparto gratuíto de exemplares.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.