Hoxe é Xoves 26 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla Mulleres de letras

Unha actividade enmarcada dentro das VI Xornadas Gemma Pereira Otero na oficiona de turismo o venres 6 de marzo ás 19:30 horas: "Mulleres de Letras", coas xornalistas Carolina Sertal (Faro de Vigo), Paula Montes (RadioVigo) e Claudia Morán (Nós Diario, gañadora do V Premio Sesé Mateo);

Acto institucional polo 8M

O luns 9 de marzo ás 12:00 horas terá lugar o acto institucional na Praza do Concello co gallo da conmemoración do Dái da Muller. A  actriz redondelá Olga Cuervo será a encargada de ler a Declaración Institucional.

Zampakilos Solidario

A nova edición do Zampakilos Solidario precisa de máis de 60 persoas voluntarias en Redondela e Arcade A Fundación Banco de Alimentos levará a cabo a súa primeira recollida deste 2026 nos supermercados Vegalsa-Eroski os días 13 e 14 de marzo. Mobilizaranse máis de 60 voluntari@s en Redondela (máis de 40) e Arcade (máis de […]

Faladoiro: Mulleres invisibilizadas

Unha actividade enmarcada dentro das VI Xornadas Gemma Pereira Otero na oficina de turismo o venres 13 de marzo ás 19:30 horas: "Mulleres Invisibilizadas", coas intervencións de Pilar Martínez (Médica pediatra e fundadora da ONG Da Man), Mª José Rodríguez (Xefa da Unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra), Enma […]

Contos do Lobicán de Redrum Teatro

Nova cita enmarcada no VIII Ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela o 15 de marzo cos "Contos do Lobicán" de Redrum Teatro, un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo […]

Contacontos polo 8M

A programación do Concello de Redondela inclúe actividades dirixidas ao público infantil co contacontos "Elas tamén contan", que levará a Olga Cuervo ata Chapela o venres 20 de marzo ás 18:30 horas.

Plantación do novo Carballo das Cen Pólas

Reboreda recupera un dos seus símbolos, o Carballo das Cen Pólas, coa plantación dun novo exemplar A parroquia de Reboreda acollerá este sábado 21 ás 11:30 horas o acto oficial en torno á plantación dun novo carballo, nun acto cargado de simbolismo que coincide coa celebración do Día da Árbore. Este exemplar substituirá ao actual, […]

Música en Cedeira

Este sábado día 21 de Marzo, o Centro Cultural de Cedeira celebra a partires das 19.00 o día de San Xosé coa actuación do Coro tradicional de Cidadelle e o grupo Lembranzas Moañesas. A entrada é de balde. Colaboran neste evento o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.

Homenaxe a Michael Jackson e Queen

Homenaxe a Michael Jackson e Queen cun concerto no Multiúsos da Xunqueira Noches Encendidas é un espectáculo homenaxe a Michael Jackson e Queen que se celebrará en Redondela o sábado 21 de marzo, ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entradas están a venda no Kiosko Cocó e de xeito online en dentralia.com

Presentación de obras para o ArteLixo

Artelixo convida a reflexionar sobre o mar e amplía o prazo para presentar obras ata o 22 de marzo O certame ecoloxista, reivindicativo e artístico máis senlleiro regresa un ano máis co obxectivo de encher as rúas, prazas e escaparates da vila de propostas artísticas elaboradas con material de refugallo. A cita desenvolverase dende o […]

Concerto de Martien Maas no Conservatorio

O músico holandés Martien Maas imparte un curso intensivo en Redondela A Orquestra de Saxos de Redondela, en colaboración co Conservatorio Victor Ureña, organiza este fin de semana unhas xornadas de práctica instrumental dirixidas polo recoñecido músico holandés Martien Maas. A iniciativa, que colgou o cartel de completo, culminará o domingo cun concerto aberto ao […]