Hoxe é Xoves 26 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autobús manifestación Sanidade Pública

Asociacións fletan un autobús para acudir á manifestación en defensa da sanidade en Santiago A “Asemblea en defensa da sanidade Redondela” e o Colectivo MODEPEN, (Movemento pola Defensa das Pensións) co obxecto de animar e facilitar a presenza da veciñanza na mobilización que terá lugar o domingo 1 de febreiro en Santiago, poñen a disposición […]

Teatro de papel

A compañía Rauxa e Cía chega a Redondela co seu "Teatro de papel". Un espectáculo de circo contemporáneo que a través de títeres, traballo de clown e teatro físico busca reivindicar o poder da imaxinación que chegará a Redondela o 1 de febreiro. Unha actividade enmarcada dentro do VIII ciclo de treatro infantil de Redondela. […]

Doazón en Chapela

A Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Chapela o luns 23. En horario de mañá de 10:00 a 14:30 horas no instituto da parroquia e, en horario de tarde de 15:30 a 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro

Maxia e teatro no Multiúsos

Cayetano Lledó volve facer parada no noso concello o domingo 1 de marzo con "Un show incríbel", un espectáculo no que combina maxia, humor e música que levará ao espectador a través dun mundo de fantasía onde o imposible faise realidade. Todas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un […]

Andaina polo Maceiras

Unha andaina polo río Maceiras promove hábitos saudables co gallo do Día Mundial da obesidade Co gallo Día Mundial da Obesidade que se celebra o 4 de marzo, Redondela acollerá a actividade “Camiña e conecta”, unha andaina de 3 kilómetros pola Senda do río Maceiras que combinará exercicio físico e mensaxes clave sobre alimentación, benestar […]

Conferencia Rosalía e o feminismo

A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o xoves 5 de marzo ás 19:00 horas co gallo da conmemoración do 8M unha conferencia sobre Rosalía de Castro e o feminismo a cargo de Anxo Angueira, doutor en Filoloxía Galega e presidente da Fundación Rosalía.

Charla Mulleres de letras

Unha actividade enmarcada dentro das VI Xornadas Gemma Pereira Otero na oficiona de turismo o venres 6 de marzo ás 19:30 horas: "Mulleres de Letras", coas xornalistas Carolina Sertal (Faro de Vigo), Paula Montes (RadioVigo) e Claudia Morán (Nós Diario, gañadora do V Premio Sesé Mateo);

Acto institucional polo 8M

O luns 9 de marzo ás 12:00 horas terá lugar o acto institucional na Praza do Concello co gallo da conmemoración do Dái da Muller. A  actriz redondelá Olga Cuervo será a encargada de ler a Declaración Institucional.

Zampakilos Solidario

A nova edición do Zampakilos Solidario precisa de máis de 60 persoas voluntarias en Redondela e Arcade A Fundación Banco de Alimentos levará a cabo a súa primeira recollida deste 2026 nos supermercados Vegalsa-Eroski os días 13 e 14 de marzo. Mobilizaranse máis de 60 voluntari@s en Redondela (máis de 40) e Arcade (máis de […]

Faladoiro: Mulleres invisibilizadas

Unha actividade enmarcada dentro das VI Xornadas Gemma Pereira Otero na oficina de turismo o venres 13 de marzo ás 19:30 horas: "Mulleres Invisibilizadas", coas intervencións de Pilar Martínez (Médica pediatra e fundadora da ONG Da Man), Mª José Rodríguez (Xefa da Unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra), Enma […]

Contos do Lobicán de Redrum Teatro

Nova cita enmarcada no VIII Ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela o 15 de marzo cos "Contos do Lobicán" de Redrum Teatro, un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo […]