Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cayetano Lledó no Multiúsos da Xunqueira

O 28 de decembro áas 18:00 horas será a quenda do ilusionista internacional Cayetano Lledó, que estará no Auditorio da Xunqueira cun espectáculo de maxia para público familiar. Lledó combina técnicas innovadoras con xogos cómicos onde a sorpresa e o humor se fusionan co ilusionismo

A bailar no Nadal en Trasmañó

A diversión do espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T chegará ao Centro Cultural de Trasmañó, o 29 de decembro ás 18:00 horas.

Ce Orquestra Pantasma en Reboreda

A última actuación do ano dentro do III ciclo infantil do Nadal será o 30 de decembro ás 18:00 horas co polifacético Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda.

Tanxarina en Cabeiro

O mes de xaneiro comezará coa gran compañía redondelá Tanxarina, que actuará no Centro Cultural de Cabeiro o 2 de xaneiro ás 18:00 horas coa súa premiada obra Titiricircus.

Pakolas en Vilar

O ritmo rockeiro chegará da man de Pakolas cun espectáculo musical que se representará no Centro Cultural de Vilar de Infesta o 3 de xaneiro ás 18:00 horas.

Os Bolechas en Chapela

A programación do III Ciclo infantil de Nadal rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas”, que estarán o auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela ás 18:00 horas.

Concurso de maquetas Millo Verde

Bases do Concurso Poden participar tódolos grupos ou solistas con residencia na Galiza que non teñan disco editado por un contrato discográfico. Tamén é posible a inscrición de artistas que publicaran singles, extended plays ou os que participasen en discos recopilatorios. O prazo para achegarnos as vosas propostas será dende o 15 de xaneiro ata […]

Desfile de comparsas de Soutomaior

Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no Entruido máis madrugador da comarca O desfile de comparsas terá lugar o sábado 7 de febreiro con saída ás 17:30 horas da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido. Os […]

Obradoiro de ilustración en CHapela

Obradoiro de ilustración na Biblioteca de Chapela con Noa López Co gallo da celebración do Día da Ilustración, data que se conmemora cada 30 de xaneiro por ser o día do aniversario do nacemento de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao a Biblioteca de Chapela organiza este xoves día 29 ás 18:00 horas un obradoiro de ilustración […]

Autobús manifestación Sanidade Pública

Asociacións fletan un autobús para acudir á manifestación en defensa da sanidade en Santiago A “Asemblea en defensa da sanidade Redondela” e o Colectivo MODEPEN, (Movemento pola Defensa das Pensións) co obxecto de animar e facilitar a presenza da veciñanza na mobilización que terá lugar o domingo 1 de febreiro en Santiago, poñen a disposición […]

Teatro de papel

A compañía Rauxa e Cía chega a Redondela co seu "Teatro de papel". Un espectáculo de circo contemporáneo que a través de títeres, traballo de clown e teatro físico busca reivindicar o poder da imaxinación que chegará a Redondela o 1 de febreiro. Unha actividade enmarcada dentro do VIII ciclo de treatro infantil de Redondela. […]

Doazón de Sangue en Redondela

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 13 e o sábado 14 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 13 en horario […]