Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peter Punk en Saxamonde

O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. Unha actuación ás 18:00 horas enmarcada na programación de Nadal do Concello de Redondela.

Contos da Veciñanza, especial Nadal

En Chapela a Biblioteca Xela Arias celebrará estas datas tan especiais cunha nova sesión de contacontos a cargo das usuarias Lía e Beatriz. Será cos seus “Contos da Veciñanza, especial Nadal”. A cita é o martes 23 de decembro ás 18:30 horas. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos […]

O Show de Fifo en Negros

A maxia e diversión do circo chegará o 26 de decembro ao Centro Cultural de Negros co “Show de Fifo” enmarcado dentro do III ciclo infantil do Nadal.

Barriga verde en Cedeira

No Centro Cultural de Cedeira estará o 27 de decembro ás 18:00 horas a compañía Títeres Alakrán co teatro de monicreques “Barriga Verde”.

Concerto de Nadal coa Rondalla de Redondela

Un ano máis a Asociación Lenda organizada o seu tradicional concerto de Nadal que terá lugar o sábado 27 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas con actuación da Rondalla de Redondela. A entrada é benéfica e está á venda no propio local de Lenda ou no Café da Vila a un prezo […]

Cayetano Lledó no Multiúsos da Xunqueira

O 28 de decembro áas 18:00 horas será a quenda do ilusionista internacional Cayetano Lledó, que estará no Auditorio da Xunqueira cun espectáculo de maxia para público familiar. Lledó combina técnicas innovadoras con xogos cómicos onde a sorpresa e o humor se fusionan co ilusionismo

A bailar no Nadal en Trasmañó

A diversión do espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T chegará ao Centro Cultural de Trasmañó, o 29 de decembro ás 18:00 horas.

Ce Orquestra Pantasma en Reboreda

A última actuación do ano dentro do III ciclo infantil do Nadal será o 30 de decembro ás 18:00 horas co polifacético Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda.

Tanxarina en Cabeiro

O mes de xaneiro comezará coa gran compañía redondelá Tanxarina, que actuará no Centro Cultural de Cabeiro o 2 de xaneiro ás 18:00 horas coa súa premiada obra Titiricircus.

Pakolas en Vilar

O ritmo rockeiro chegará da man de Pakolas cun espectáculo musical que se representará no Centro Cultural de Vilar de Infesta o 3 de xaneiro ás 18:00 horas.

Os Bolechas en Chapela

A programación do III Ciclo infantil de Nadal rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas”, que estarán o auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela ás 18:00 horas.

Obradoiro de ilustración en CHapela

Obradoiro de ilustración na Biblioteca de Chapela con Noa López Co gallo da celebración do Día da Ilustración, data que se conmemora cada 30 de xaneiro por ser o día do aniversario do nacemento de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao a Biblioteca de Chapela organiza este xoves día 29 ás 18:00 horas un obradoiro de ilustración […]