Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Tareixas en Ventosela

A primeira das actuacións do III ciclo infntil qeu organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal será co grupo de música redondelán “As Tareixas”, o 19 de decembro no Centro Cultural de Ventosela.

Brais das Hortas en Quintela

Actuación de Brais das Hortas, o 20 de decembro ás 18:00 horas con entrada de balde no Centro Cultural de Quintela co espectáculo “Zona de Obras”.

Paco Nogueiras en Cesantes

O III ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal chegará ao Centro Cultural de Cesantes o día 21 de decembro ás 18:00 horas coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”

Fantoches Baj no Viso

“O castiñeiro do Apalpador” é a obra que presentará na Sociedade Labrego Cultural do Viso a compañía Fantoches Baj. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas

Peter Punk en Saxamonde

O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. Unha actuación ás 18:00 horas enmarcada na programación de Nadal do Concello de Redondela.

O Show de Fifo en Negros

A maxia e diversión do circo chegará o 26 de decembro ao Centro Cultural de Negros co “Show de Fifo” enmarcado dentro do III ciclo infantil do Nadal.

Barriga verde en Cedeira

No Centro Cultural de Cedeira estará o 27 de decembro ás 18:00 horas a compañía Títeres Alakrán co teatro de monicreques “Barriga Verde”.

Concerto de Nadal coa Rondalla de Redondela

Un ano máis a Asociación Lenda organizada o seu tradicional concerto de Nadal que terá lugar o sábado 27 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas con actuación da Rondalla de Redondela. A entrada é benéfica e está á venda no propio local de Lenda ou no Café da Vila a un prezo […]

Cayetano Lledó no Multiúsos da Xunqueira

O 28 de decembro áas 18:00 horas será a quenda do ilusionista internacional Cayetano Lledó, que estará no Auditorio da Xunqueira cun espectáculo de maxia para público familiar. Lledó combina técnicas innovadoras con xogos cómicos onde a sorpresa e o humor se fusionan co ilusionismo

A bailar no Nadal en Trasmañó

A diversión do espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T chegará ao Centro Cultural de Trasmañó, o 29 de decembro ás 18:00 horas.

Ce Orquestra Pantasma en Reboreda

A última actuación do ano dentro do III ciclo infantil do Nadal será o 30 de decembro ás 18:00 horas co polifacético Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda.

Tanxarina en Cabeiro

O mes de xaneiro comezará coa gran compañía redondelá Tanxarina, que actuará no Centro Cultural de Cabeiro o 2 de xaneiro ás 18:00 horas coa súa premiada obra Titiricircus.