O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a representación da obra “Sophie” da compañía Redrum Teatro o sábado, 13 de decembro no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.
A primeira das actuacións do III ciclo infntil qeu organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal será co grupo de música redondelán “As Tareixas”, o 19 de decembro no Centro Cultural de Ventosela.
O III ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal chegará ao Centro Cultural de Cesantes o día 21 de decembro ás 18:00 horas coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”
“O castiñeiro do Apalpador” é a obra que presentará na Sociedade Labrego Cultural do Viso a compañía Fantoches Baj. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas
O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. Unha actuación ás 18:00 horas enmarcada na programación de Nadal do Concello de Redondela.
Un ano máis a Asociación Lenda organizada o seu tradicional concerto de Nadal que terá lugar o sábado 27 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas con actuación da Rondalla de Redondela. A entrada é benéfica e está á venda no propio local de Lenda ou no Café da Vila a un prezo […]
O 28 de decembro áas 18:00 horas será a quenda do ilusionista internacional Cayetano Lledó, que estará no Auditorio da Xunqueira cun espectáculo de maxia para público familiar. Lledó combina técnicas innovadoras con xogos cómicos onde a sorpresa e o humor se fusionan co ilusionismo
A última actuación do ano dentro do III ciclo infantil do Nadal será o 30 de decembro ás 18:00 horas co polifacético Ce Orquestra Pantasma no Centro Cultural de Reboreda.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.