O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a representación da obra “Sophie” da compañía Redrum Teatro o sábado, 13 de decembro no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.
A primeira das actuacións do III ciclo infntil qeu organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal será co grupo de música redondelán “As Tareixas”, o 19 de decembro no Centro Cultural de Ventosela.
O Seminario de Estudios Redondeláns (Seren) presentará o seu boletín nº 9 o día 19, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Redondela. Este número conta cun Limiar escrito polo insigne redondelán Domingo Docampo Amoedo, que foi reitor da Universidade de Vigo entre os anos 1998 e 2006. Intervirá no acto de presentación cunha […]
O III ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal chegará ao Centro Cultural de Cesantes o día 21 de decembro ás 18:00 horas coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”
“O castiñeiro do Apalpador” é a obra que presentará na Sociedade Labrego Cultural do Viso a compañía Fantoches Baj. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas
A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela festexará o Nadal conmemorando o 250 aniversario da escritora Jane Austen cun contacontos baseado na vida da autora e nas súas obras que leva por título “Jane Austen polo Nadal”. Unha actividade organizada en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso e que correrá a cargo da contadora Olga Cuervo. Será […]
O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. Unha actuación ás 18:00 horas enmarcada na programación de Nadal do Concello de Redondela.
En Chapela a Biblioteca Xela Arias celebrará estas datas tan especiais cunha nova sesión de contacontos a cargo das usuarias Lía e Beatriz. Será cos seus “Contos da Veciñanza, especial Nadal”. A cita é o martes 23 de decembro ás 18:30 horas. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos […]
Un ano máis a Asociación Lenda organizada o seu tradicional concerto de Nadal que terá lugar o sábado 27 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas con actuación da Rondalla de Redondela. A entrada é benéfica e está á venda no propio local de Lenda ou no Café da Vila a un prezo […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.