Presentación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro. O multiúsos de Arcade acolle o venres 28 de novembro ás 20:00 horas unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como nai e como vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde ata completar o […]
O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a arepresentación da obra “DeSexo” a cargo da compañía Talia Teatro o Domingo, 30 de novembro. no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.
O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o mércores 3 de decembro en horarios de 15:30 a 21:00 horas.
A escritora viguesa María oruña presentará no museo Meirande o xoves 4 de decembro ás 19:00 horas o libro “O albatros negro”, unha novela na que mestura a historia do tesouro afundido na batalla de Rande cunha trama policiaca contemporánea.
A parroquia de Trasmañó celebra o día 98 de decembro a festa na honra da súa patroa, a Inmaculada Concepción. Os actos arrancarán ás 10:00 horas con tirada de bombas e as 11:00 haberá sesión vermú na cantina. Ao mediodái está prevista a actuación do grupo de gaitas "Aluarado" de Vilar, o coro tradicionial Tirapuxa […]
As alumnas de Cultura Activa. Ao remate da representación haberá unha charla coloquio coa autora, a actriz Paula Carballeira. O martes 9 ás 11:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela enmarcada dentro do ciclo de teatro Mestra Paulina.
O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a representación da obra “Sophie” da compañía Redrum Teatro o sábado, 13 de decembro no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.
A primeira das actuacións do III ciclo infntil qeu organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal será co grupo de música redondelán “As Tareixas”, o 19 de decembro no Centro Cultural de Ventosela.
O III ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal chegará ao Centro Cultural de Cesantes o día 21 de decembro ás 18:00 horas coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”
“O castiñeiro do Apalpador” é a obra que presentará na Sociedade Labrego Cultural do Viso a compañía Fantoches Baj. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas
O 23 de decembro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Saxamonde cun espectáculo cómico e musical. Unha actuación ás 18:00 horas enmarcada na programación de Nadal do Concello de Redondela.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.