Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto institucional polo 25N

A praza do Concello acolle o martes, 25 de novembro. ás 12:00 horas o acto institucional organizado dentro da programación do Concello polo 25N. Un acto que arrancará coa lectura da Declaración Institucional e os manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día […]

Teatro con Iria Pinheiro en Arcade

Presentación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro. O multiúsos de Arcade acolle o venres 28 de novembro ás 20:00 horas unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como nai e como vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde ata completar o […]

Ciclo de Teatro Mestra Paulina

O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a arepresentación da obra “DeSexo” a cargo da compañía Talia Teatro o Domingo, 30 de novembro. no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.  

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o mércores 3 de decembro en horarios de 15:30 a 21:00 horas.  

María Oruña presenta O albatros negro

A escritora viguesa María oruña presentará no museo Meirande o xoves 4 de decembro ás 19:00 horas o libro “O albatros negro”, unha novela na que mestura a historia do tesouro afundido na batalla de Rande cunha trama policiaca contemporánea.

Festas en Trasmañó

A parroquia de Trasmañó celebra o día 98 de decembro a festa na honra da súa patroa, a Inmaculada Concepción. Os actos arrancarán ás 10:00 horas con tirada de bombas e as 11:00 haberá sesión vermú na cantina. Ao mediodái está prevista a actuación do grupo de gaitas "Aluarado" de Vilar, o coro tradicionial Tirapuxa […]

Teatro en Chapela

As alumnas de Cultura Activa. Ao remate da representación haberá unha charla coloquio coa autora, a actriz Paula Carballeira. O martes 9 ás 11:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela enmarcada dentro do ciclo de teatro Mestra Paulina.

Ciclo de teatro Mestra Paulina

O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a representación da obra “Sophie” da compañía Redrum Teatro o sábado, 13 de decembro no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.

As Tareixas en Ventosela

A primeira das actuacións do III ciclo infntil qeu organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal será co grupo de música redondelán “As Tareixas”, o 19 de decembro no Centro Cultural de Ventosela.

Presentación do SEREN

O Seminario de Estudios Redondeláns (Seren) presentará o seu boletín nº 9 o día 19, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Redondela. Este número conta cun Limiar escrito polo insigne redondelán Domingo Docampo Amoedo, que foi reitor da Universidade de Vigo entre os anos 1998 e 2006. Intervirá no acto de presentación cunha […]

Brais das Hortas en Quintela

Actuación de Brais das Hortas, o 20 de decembro ás 18:00 horas con entrada de balde no Centro Cultural de Quintela co espectáculo “Zona de Obras”.

Paco Nogueiras en Cesantes

O III ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela co gallo do Nadal chegará ao Centro Cultural de Cesantes o día 21 de decembro ás 18:00 horas coa música de Paco Nogueiras e o espectáculo “Son animal”