O programa ofrece un plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas. Os cen participantes seleccionados recibirán formación en diferentes áreas como novas tecnoloxías e idiomas e realizarán prácticas en empresas. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto […]
A asociación de Empresarios busca cen mulleres para o seu programa de emprego que busca mellorar as competencias profesionais das alumnas participantes de cara a aumentar a súa inserción laboral futura. Para lograr este obxectivo a formación centrarase en sectores estratéxicos e actividades con alta inserción. O proceso de selección realizarase na rúa 8 de […]
O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe, Alén Nós presentará […]
O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está […]
O venres 21 a biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade este venres ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de […]
O Obradoiro Fernando Monroy celebra o domingo 23 no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas o acto de entrega dos premios do seu concurso de fotografía. O acto, aberto á veciñanza, estará amenizado pola música do grupo “Airiños do Mar de Teis” e promete sorpresas e convite dun chocolate con churros para os asistentes. Todas […]
A praza do Concello acolle o martes, 25 de novembro. ás 12:00 horas o acto institucional organizado dentro da programación do Concello polo 25N. Un acto que arrancará coa lectura da Declaración Institucional e os manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día […]
Presentación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro. O multiúsos de Arcade acolle o venres 28 de novembro ás 20:00 horas unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como nai e como vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde ata completar o […]
O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a arepresentación da obra “DeSexo” a cargo da compañía Talia Teatro o Domingo, 30 de novembro. no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.
O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o mércores 3 de decembro en horarios de 15:30 a 21:00 horas.
A escritora viguesa María oruña presentará no museo Meirande o xoves 4 de decembro ás 19:00 horas o libro “O albatros negro”, unha novela na que mestura a historia do tesouro afundido na batalla de Rande cunha trama policiaca contemporánea.
A parroquia de Trasmañó celebra o día 98 de decembro a festa na honra da súa patroa, a Inmaculada Concepción. Os actos arrancarán ás 10:00 horas con tirada de bombas e as 11:00 haberá sesión vermú na cantina. Ao mediodái está prevista a actuación do grupo de gaitas "Aluarado" de Vilar, o coro tradicionial Tirapuxa […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.