Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto e festa na honra de San Martiño en Ventosela

Actos relixiosos, propostas infantís e música centran as actividades organizadas os días 9 e 11 na parroquia de Ventosela co gallo da conmemoración do San Martiño, nun programa no que non faltará o tradicional magosto e que arrancará o domingo cunha sesión vermú amenizada polo grupo Refugallo Rock, cun repertorio cargado de clásicos do rock […]

“Quen ben te quere farache rir” no Multiúsos

O espectáculo cómico a cargo das actrices Arantxa Treus, Leticia Costas e Sabela Salgueiro serve para reflexionar sobre as relacións persoais e como facelas sans e respectuosas sen necesidade de que veñan cun manual de instrucións. A actividade chega a Redondela o domingo 9 ás 18:00 horas  da man da Federación de Anpas que volve […]

Programa de emprego Concello de Redondela

O programa ofrece un plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas. Os cen participantes seleccionados recibirán formación en diferentes áreas como novas tecnoloxías e idiomas e realizarán prácticas en empresas. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto […]

Programa de emprego para mulleres

A asociación de Empresarios busca cen mulleres para o seu programa de emprego que busca mellorar as competencias profesionais das alumnas participantes de cara a aumentar a súa inserción laboral futura. Para lograr este obxectivo a formación centrarase en sectores estratéxicos e actividades con alta inserción. O proceso de selección realizarase na rúa 8 de […]

Homenaxe a Guillermo Fontán

O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe, Alén Nós presentará […]

Presentación do “Calendario histórico de Redondela”

O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está […]

Contacontos 25N na Biblioteca de Chapela

O venres 21 a biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade este venres ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de […]

Entrega premios concurso de fotografía Fernando Monroy

O Obradoiro Fernando Monroy celebra o domingo 23 no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas o acto de entrega dos premios do seu concurso de fotografía. O acto, aberto á veciñanza, estará amenizado pola música do grupo “Airiños do Mar de Teis” e promete sorpresas e convite dun chocolate con churros para os asistentes. Todas […]

Acto institucional polo 25N

A praza do Concello acolle o martes, 25 de novembro. ás 12:00 horas o acto institucional organizado dentro da programación do Concello polo 25N. Un acto que arrancará coa lectura da Declaración Institucional e os manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día […]

Teatro con Iria Pinheiro en Arcade

Presentación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro. O multiúsos de Arcade acolle o venres 28 de novembro ás 20:00 horas unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como nai e como vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde ata completar o […]

Ciclo de Teatro Mestra Paulina

O ciclo de Teatro Mestra Paulina celebra a súa primeira edición enmarcada dentro da programación do Concello de Redondela co gallo do 25N. Un programa que inclúe a arepresentación da obra “DeSexo” a cargo da compañía Talia Teatro o Domingo, 30 de novembro. no Auditorio Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.  

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o mércores 3 de decembro en horarios de 15:30 a 21:00 horas.