Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada especial o vindeiro venres 31 de outubro en Arcade, centrada en actividades familiares cheas de creatividade e tradición celta. A festa, que se estenderá ata o 2 de novembro, convida a toda a veciñanza a sumarse a un programa de balde con prazas […]
Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada de actividades o sábado 1 de novembro no Multiúsos de Arcade. De 17:00 a 19:20 horas, o Escape Room "Aldea Labrega" mergullará aos participantes nunha aldea misteriosa. A Sala 1 está dirixida a nenos de 3 a 7 anos (en compañía de adultos), […]
O Concello de Soutomaior culmina a súa Semana do Samaín cunha actividade chea de suspense o domingo 2 de novembro na Finca Cafexo-Massó. O escape room titulado 'Quen ten cú ten medo' desafiará aos participantes cunha experiencia de misterio e aventura temática, dirixida a público xuvenil e adulto (+14 anos). A sesión, de balde e […]
Programación adiada do venres polo mal tempo: O "Túnel do Terror" será unha das atraccións estrela. Situado no Paseo do Pexegueiro, este percorrido abrirá as súas portas de 18:30 a 21:30 horas. Recomendado para maiores de 12 anos –e menores acompañados dun adulto–, o espazo avisa: "Traede as vosas lanternas, pois a escuridade agocha sorpresas". […]
O Concello de Soutomaior acollerá os día 7 e 8 de novembro o II Foro sobre a Memoria Histórica cun programa de actividades que terán como fío condutor a represión a través do ensino poñendo o foco nas persoas e nos lugares de memoria. As actividades propostas inclúen a proxección do filme `El maestro que […]
O Círculo Recreativo Cultural de Chapela celebra o sábado 8 a partir das 19:00 horas o seu magosto popular que se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro e contará con carpa e música en directo. Dende a dirección do Círculo lembran que é imprescindible inscribirse previamente na cantina onde se lles entregará un vale. Os […]
A proposta multidisciplinar chega a Redondela o sábado 8 ás 20:00 horas con entrada a 3 euros que se pode retirar na conserxería do Multiúsos. A obra a cargo das integrantes de Proxecto Morriña, afonda na esencia máis profunda da identidade galega, explorando o noso pasado e as raíces de Galicia. Pretende traer ó presente […]
Actos relixiosos, propostas infantís e música centran as actividades organizadas os días 9 e 11 na parroquia de Ventosela co gallo da conmemoración do San Martiño, nun programa no que non faltará o tradicional magosto e que arrancará o domingo cunha sesión vermú amenizada polo grupo Refugallo Rock, cun repertorio cargado de clásicos do rock […]
O espectáculo cómico a cargo das actrices Arantxa Treus, Leticia Costas e Sabela Salgueiro serve para reflexionar sobre as relacións persoais e como facelas sans e respectuosas sen necesidade de que veñan cun manual de instrucións. A actividade chega a Redondela o domingo 9 ás 18:00 horas da man da Federación de Anpas que volve […]
O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe, Alén Nós presentará […]
O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística, está […]
O venres 21 a biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade este venres ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.