Festa de Fin de Verán en San Esteban de Negros O vindeiro sábado, 6 de setembro, a Asociación de Veciños de San Esteban de Negros celebrará a súa Festa de Fin de Verán. O evento comezará ás 17:00 h cun inchable de auga para os máis pequenos, seguido dun lanzamento de polvos Holi ás 20:00 […]
Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos que chega esta fin de semana a Redondela. A cita será este venres 12 setembro ás 21:45 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente no enderezo galiciasuroeste.gal. As actividades, dentro do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste” consistirán en saídas nocturnas […]
V Edición do Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade este sábado 13 de setembro a partir das 19 horas na Alameda de Talo Río. O evento contará coa actuación da Banda de Música de Salcedo e a Banda Artística de Arcade.
Redondela e Soutomaior celebran a II Andaina Popular Valle Inclán A ruta, cun percorrido histórico de 12 kilómetros, terá lugar o domingo 14 de setembro con saída ás nove da mañá dende o pazo da Reboraina e remate no Castelo de Soutomaior. A participación é gratuíta previa inscrición no enderezo soutomaior.gal. O número de prazas […]
San Simón acolle unha xornada arredor da cultura medieval galega e a elaboración dos códices O vindeiro 3 de outubro, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela organizan na illa de San Simón unha xornada sobre cultural medieval baixo o título “O pergameo iluminado: arte, música e tecnoloxía no estudo do códice […]
Tarde de atletismo en Redondela para celebrar o XIII aniversario da Asociación deportiva CAR. O sábado 20 de setembro as rúas de Redondela converteranse nunha gran pista de atletismo coa celebración da V carreira popular infantil ás seis da tarde e a IV contrarreloxo por equipos que arrancará ás 20:00 horas. O prazo de inscrición para […]
A Horta do Cadaval, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), organiza un curso gratuíto sobre o cultivo de flores e plantas aromáticas os días 23, 24 e 25 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na Estrada do Cadaval, 49, en Reboreda. O obradoiro, que […]
O Grupo “Anaquiños” de Chapela celebra este sábado 27 de setembro o seu Festival Folclórico que contará coa participación do grupo Rancho Típico de Ilheu de Oporto e o grupo A Legua Dereita de O Corgo chegados dende Lugo. O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participan coas distintas seccións de baile -infantil e […]
O programa arrancará o vindeiro 27 de setembro e inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela. Para a primeira das actuacións, que correrá a cargo de Ignatius Farray, quedan tan só medio cento de entradas. Pódense adquirir a través da páxina woutick.es […]
A comisión das Festas de Virxe do Carme de Trasmañó. Cabanas e Rande celebra este domingo a terceira edición da Festa do Porco ao espeto. Será baixo a ponte de Rande onde se instalará unha carpa para que os comensais poidan gozar dunha cita que estará amenizada pola música de Mariano de Suavecito. A xornada […]
O Obradoiro de Interpretación Comunitaria, baixo a dirección de Roberto Casal, comezará en outubro e, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, servirá tamén para fomentar a cohesión social, a creatividade e a participación activa da veciñanza. A actividade está pensada para todos os públicos cun grupo para mozos e mozas […]
A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. Un programa que arranca o sábado 4 de outubro con dúas citas: unha actividade de observación de aves na zona da Portela en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas. […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.