Inscrición aberta para participar nos campamentos dixitais municipais de agosto Os campamentos dixitais, organizados dende a concellería de Novas Tecnoloxías, son de balde e desenvolveranse durante o mes de agosto orientados a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Haberá tres quendas por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de […]
O mércores 30 de xullo, ás 12:00 h. a Biblioteca Xela Arias fai a súa despedida antes das vacacións cun contacontos. O título do espectáculo é «Contos na fraga» e correrá a cargo de Rebeca e mais Noela. Ao rematar farase unha pequena actividade manual. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos […]
As familias teñen ata o 31 de xullo para solicitar axudas para libros e material escolar de educación infantil A subvención municipal está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos de idade matriculados nun centro público de Redondela. As beneficiarias recibirán un vale por un importe máximo de 70 euros […]
O Campito Chapela organiza o I Torneo Memorial Julio Amoedo O torneo reunirá a todas as categorías dende biberón ata xuvenil e desenvolverase na primeira semana de agosto, dende o martes 5 ata o domingo 10, na modalidade de 4x4. Dende o Club quixeron dedicar esta cita deportiva a Julio Amoedo, falecido o pasado ano […]
Festa de Fin de Verán en San Esteban de Negros O vindeiro sábado, 6 de setembro, a Asociación de Veciños de San Esteban de Negros celebrará a súa Festa de Fin de Verán. O evento comezará ás 17:00 h cun inchable de auga para os máis pequenos, seguido dun lanzamento de polvos Holi ás 20:00 […]
Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos que chega esta fin de semana a Redondela. A cita será este venres 12 setembro ás 21:45 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente no enderezo galiciasuroeste.gal. As actividades, dentro do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste” consistirán en saídas nocturnas […]
V Edición do Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade este sábado 13 de setembro a partir das 19 horas na Alameda de Talo Río. O evento contará coa actuación da Banda de Música de Salcedo e a Banda Artística de Arcade.
Redondela e Soutomaior celebran a II Andaina Popular Valle Inclán A ruta, cun percorrido histórico de 12 kilómetros, terá lugar o domingo 14 de setembro con saída ás nove da mañá dende o pazo da Reboraina e remate no Castelo de Soutomaior. A participación é gratuíta previa inscrición no enderezo soutomaior.gal. O número de prazas […]
Tarde de atletismo en Redondela para celebrar o XIII aniversario da Asociación deportiva CAR. O sábado 20 de setembro as rúas de Redondela converteranse nunha gran pista de atletismo coa celebración da V carreira popular infantil ás seis da tarde e a IV contrarreloxo por equipos que arrancará ás 20:00 horas. O prazo de inscrición para […]
A Horta do Cadaval, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), organiza un curso gratuíto sobre o cultivo de flores e plantas aromáticas os días 23, 24 e 25 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na Estrada do Cadaval, 49, en Reboreda. O obradoiro, que […]
O Grupo “Anaquiños” de Chapela celebra este sábado 27 de setembro o seu Festival Folclórico que contará coa participación do grupo Rancho Típico de Ilheu de Oporto e o grupo A Legua Dereita de O Corgo chegados dende Lugo. O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participan coas distintas seccións de baile -infantil e […]
O programa arrancará o vindeiro 27 de setembro e inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela. Para a primeira das actuacións, que correrá a cargo de Ignatius Farray, quedan tan só medio cento de entradas. Pódense adquirir a través da páxina woutick.es […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.