O Meirande retoma as visitas teatralizadas O museo de Rante recupera este sábado 26 de xullo as viistas teatralizadas que permiten coñecer este espazo de interpretación da Batalla dun xeito diferentes coa participación do Grupo de Teatro da ADC de Rande. A visita será en horario de tarde, con dúas quendas, ás 16:30 e ás […]
Concentración en Cesantes contra a celebración do Sinsal en San Simón O colectivo republicano de Redondela celebra este domingo día 27 unha concentración na praia da Punta en Cesantes ás 12:00 hora para amosar o seu rexeitamento ante a celebración na Illa de actividades como o festival Sinsal. A protesta está convocada baixo o lema […]
Inscrición aberta para participar nos campamentos dixitais municipais de agosto Os campamentos dixitais, organizados dende a concellería de Novas Tecnoloxías, son de balde e desenvolveranse durante o mes de agosto orientados a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Haberá tres quendas por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de […]
O mércores 30 de xullo, ás 12:00 h. a Biblioteca Xela Arias fai a súa despedida antes das vacacións cun contacontos. O título do espectáculo é «Contos na fraga» e correrá a cargo de Rebeca e mais Noela. Ao rematar farase unha pequena actividade manual. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos […]
As familias teñen ata o 31 de xullo para solicitar axudas para libros e material escolar de educación infantil A subvención municipal está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos de idade matriculados nun centro público de Redondela. As beneficiarias recibirán un vale por un importe máximo de 70 euros […]
O Campito Chapela organiza o I Torneo Memorial Julio Amoedo O torneo reunirá a todas as categorías dende biberón ata xuvenil e desenvolverase na primeira semana de agosto, dende o martes 5 ata o domingo 10, na modalidade de 4x4. Dende o Club quixeron dedicar esta cita deportiva a Julio Amoedo, falecido o pasado ano […]
Festa de Fin de Verán en San Esteban de Negros O vindeiro sábado, 6 de setembro, a Asociación de Veciños de San Esteban de Negros celebrará a súa Festa de Fin de Verán. O evento comezará ás 17:00 h cun inchable de auga para os máis pequenos, seguido dun lanzamento de polvos Holi ás 20:00 […]
Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos que chega esta fin de semana a Redondela. A cita será este venres 12 setembro ás 21:45 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente no enderezo galiciasuroeste.gal. As actividades, dentro do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste” consistirán en saídas nocturnas […]
V Edición do Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade este sábado 13 de setembro a partir das 19 horas na Alameda de Talo Río. O evento contará coa actuación da Banda de Música de Salcedo e a Banda Artística de Arcade.
Redondela e Soutomaior celebran a II Andaina Popular Valle Inclán A ruta, cun percorrido histórico de 12 kilómetros, terá lugar o domingo 14 de setembro con saída ás nove da mañá dende o pazo da Reboraina e remate no Castelo de Soutomaior. A participación é gratuíta previa inscrición no enderezo soutomaior.gal. O número de prazas […]
Tarde de atletismo en Redondela para celebrar o XIII aniversario da Asociación deportiva CAR. O sábado 20 de setembro as rúas de Redondela converteranse nunha gran pista de atletismo coa celebración da V carreira popular infantil ás seis da tarde e a IV contrarreloxo por equipos que arrancará ás 20:00 horas. O prazo de inscrición para […]
A Horta do Cadaval, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), organiza un curso gratuíto sobre o cultivo de flores e plantas aromáticas os días 23, 24 e 25 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na Estrada do Cadaval, 49, en Reboreda. O obradoiro, que […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.