Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe en San Simón

Alen Nós convida a participar da homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón A illa acollerá o domingo 20 de xullo unha homenaxe organizada pola Iniciativa Galega pola memoria, nunha xornada que serve para lembrar ás vítimas do franquismo e homenaxear a todos aqueles presos que pasaron pola Illa entre os anos 1936 […]

The Lelli Kelly’s en Cesantes

A banda galega ofrecerá un concerto no local Brisa Chiringo enmarcado dentro da programación do Blues&Rías. A actuación arrancará ás 21.30 horas deste xoves 24 de xullo e o prezo da entrada é de 10 euros con consumición incluída. A banda ofrece un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues.

I Festa Furancheira do Viso

Música tradicional e viño da casa na I Festa Furancheira do Viso A comisión de festas da Teixeira do Viso organiza esta cita aproveitando o festivo do 25 xullo. A actividade arrancará ás 19:00 horas no torreiro de festas onde se habilitarán mesas e cadeiras e se servirán petiscos caseiros e viño da casa A […]

Visitas teatralizadas no Meirande

O Meirande retoma as visitas teatralizadas O museo de Rante recupera este sábado 26 de xullo as viistas teatralizadas que permiten coñecer este espazo de interpretación da Batalla dun xeito diferentes coa participación do Grupo de Teatro da ADC de Rande. A visita será en horario de tarde, con dúas quendas, ás 16:30 e ás […]

Protesta contra a celebración do Sinsal en San Simón

Concentración en Cesantes contra a celebración do Sinsal en San Simón O colectivo republicano de Redondela celebra este domingo día 27 unha concentración na praia da Punta en Cesantes ás 12:00 hora para amosar o seu rexeitamento ante a celebración na Illa de actividades como o festival Sinsal. A protesta está convocada baixo o lema […]

Campamentos dixitais

Inscrición aberta para participar nos campamentos dixitais municipais de agosto Os campamentos dixitais, organizados dende a concellería de Novas Tecnoloxías, son de balde e desenvolveranse durante o mes de agosto orientados a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Haberá tres quendas por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de […]

Contacontos na Biblioteca de Chapela

O mércores 30 de xullo, ás 12:00 h. a Biblioteca Xela Arias fai a súa despedida antes das vacacións cun contacontos. O título do espectáculo é «Contos na fraga» e correrá a cargo de Rebeca e mais Noela. Ao rematar farase unha pequena actividade manual. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos […]

Axudas para educación infantil

As familias teñen ata o 31 de xullo para solicitar axudas para libros e material escolar de educación infantil A subvención municipal está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos de idade matriculados nun centro público de Redondela. As beneficiarias recibirán un vale por un importe máximo de 70 euros […]

I Torneo Memorial Julio Amoedo

O Campito Chapela organiza o I Torneo Memorial Julio Amoedo O torneo reunirá a todas as categorías dende biberón ata xuvenil e desenvolverase na primeira semana de agosto, dende o martes 5 ata o domingo 10, na modalidade de 4x4. Dende o Club quixeron dedicar esta cita deportiva a Julio Amoedo, falecido o pasado ano […]

Festa de fin de verán da AVV San Estaban de Negros

Festa de Fin de Verán en San Esteban de Negros  O vindeiro sábado, 6 de setembro, a Asociación de Veciños de San Esteban de Negros celebrará a súa Festa de Fin de Verán. O evento comezará ás 17:00 h cun inchable de auga para os máis pequenos, seguido dun lanzamento de polvos Holi ás 20:00 […]

Observación do ceo nocturno en Redondela

Galicia Suroeste promove un ciclo de actividades de iniciación á observación dos ceos nocturnos que chega esta fin de semana a Redondela. A cita será este venres 12 setembro ás 21:45 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente no enderezo galiciasuroeste.gal. As actividades, dentro do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste” consistirán en saídas nocturnas […]

Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade

V Edición do Festival de Bandas de Música “Carlos Abal Movilla” de Arcade este sábado 13 de setembro a partir das 19 horas na Alameda de Talo Río. O evento contará coa actuación da Banda de Música de Salcedo e a Banda Artística de Arcade.