Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos Cantareiras en Pazos

A Área recreativa de Nespereira acolle este domingo 13 ás 19:00 horas o contacontos “Cantareiras: Poesía popular nas Letras Galegas”, da man de Quique Mauricio e Carlos Taboada da agrupación  Polo correo do vento. Unha actividade divertida e participativa para nenas e nenos na que coñecerán a historia das cantareiras galegas e poderán facer o […]

Semana grande Soutomaior

Soutomaior abre o prazo de solicitudes para a concesión de barras e postos de venda durante a Semana Grande As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 14 de xullo ás 14:00 horas. As persoas e empresas ás que se lles autorice a colocación e uso de barras e postos de venda poderán facelo nos dous […]

“Catas con historia” no Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra organiza os próximos días 16 e 18 de xullo unha nova xeira de Catas con Historia no Castelo de Soutomaior. Trátase dunha actividade guiada baixo os viñedos do recinto histórico de propiedade provincial, unha experiencia única que une patrimonio, paisaxe e viño para a que as entradas xa están á venda […]

Asemblea Sanidade Pública

A Asemblea Veciñal de Redondela pola Defensa da Sanidade Pública convoca o mercores 16 de Xullo ás 19:00 horas no Multiusos da Xunqueira unha xuntanza veciñal, co obxecto de informar á cidadanía da situación precaria da Atención Primaria abscrita a Redondela.

Proxección e debate en torno a memoria histórica

O Colectivo Republicano de Redondela convida á cidadanía a un acto que terá lugar no Multiúsos este venres ás 20:00 horas no que se proxectará a película documental “mentras teña memoria lebrarei” de Antonio Caeiro. Un acto que servirá tamén para adiantar algunhas das imaxes da película San Simón do director Miguel Angel Delgado. A […]

Homenaxe en San Simón

Alen Nós convida a participar da homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón A illa acollerá o domingo 20 de xullo unha homenaxe organizada pola Iniciativa Galega pola memoria, nunha xornada que serve para lembrar ás vítimas do franquismo e homenaxear a todos aqueles presos que pasaron pola Illa entre os anos 1936 […]

The Lelli Kelly’s en Cesantes

A banda galega ofrecerá un concerto no local Brisa Chiringo enmarcado dentro da programación do Blues&Rías. A actuación arrancará ás 21.30 horas deste xoves 24 de xullo e o prezo da entrada é de 10 euros con consumición incluída. A banda ofrece un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues.

I Festa Furancheira do Viso

Música tradicional e viño da casa na I Festa Furancheira do Viso A comisión de festas da Teixeira do Viso organiza esta cita aproveitando o festivo do 25 xullo. A actividade arrancará ás 19:00 horas no torreiro de festas onde se habilitarán mesas e cadeiras e se servirán petiscos caseiros e viño da casa A […]

Visitas teatralizadas no Meirande

O Meirande retoma as visitas teatralizadas O museo de Rante recupera este sábado 26 de xullo as viistas teatralizadas que permiten coñecer este espazo de interpretación da Batalla dun xeito diferentes coa participación do Grupo de Teatro da ADC de Rande. A visita será en horario de tarde, con dúas quendas, ás 16:30 e ás […]

Protesta contra a celebración do Sinsal en San Simón

Concentración en Cesantes contra a celebración do Sinsal en San Simón O colectivo republicano de Redondela celebra este domingo día 27 unha concentración na praia da Punta en Cesantes ás 12:00 hora para amosar o seu rexeitamento ante a celebración na Illa de actividades como o festival Sinsal. A protesta está convocada baixo o lema […]

Campamentos dixitais

Inscrición aberta para participar nos campamentos dixitais municipais de agosto Os campamentos dixitais, organizados dende a concellería de Novas Tecnoloxías, son de balde e desenvolveranse durante o mes de agosto orientados a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Haberá tres quendas por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de […]

Contacontos na Biblioteca de Chapela

O mércores 30 de xullo, ás 12:00 h. a Biblioteca Xela Arias fai a súa despedida antes das vacacións cun contacontos. O título do espectáculo é «Contos na fraga» e correrá a cargo de Rebeca e mais Noela. Ao rematar farase unha pequena actividade manual. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos […]