Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Gospel a favor de Da Mán

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 31 ás 21:00 horas un concerto de música gospel a cargo do coro "Gospel Vida". As entradas, a un prezo de 6 euros en beneficio da ONG Da Más están a venda nos locias Café da Vila, Kiosco Cocó e Copy Redondela. Tamén pdoerán retirarse no propio Multiúsos […]

II Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición

Nova edición da Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición en Redondela O sábado 31 de maio, Redondela acollerá a II Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición, un evento que terá lugar debaixo da ponte de Rande a partir das 17:00 horas. Os asistentes poderán gozar dun roteiro pola zona, […]

Asemblea Comunidade de montes do Viso

A Comunidade de Montes convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 1 de xuño ás 11 horas. Na reunión informarase de tódolos traballos que se están facendo no monte buscando a resiliencia fronte a incendios forestais e para aumentar a diversidade favorecendo illas interconexas de áreas de alto valor de conservación. […]

Doazón de Sangue en Redondela

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 6 e o sábado 7 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 6 en horario […]

Serán en Rande

A Asociación Cultural e deportiva de Rande organiza este sábado un festival de música tradicional que contará coa participación de dez grupos de gaitas e pandereteiras da contorna. Unha actividade de balde a partir das 20:00 horas que se desenvolverá na contorna do meirande e que, a partir das dez, convidará aos asistentes a un […]

Marcha ciclista en Cedeira

O centro cultural da parroquia organiza a XXXIII edición da súa marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro domingo 8 de xuño. A saída está prevista ás 10:00 horas dende a sede do centro e o percorrido levará aos participantes ata o peirao de Cesantes, lugar onde se encamiñarán novamente cara o centro cultural. Os […]

VIII Encontro da Canción galega

A VIII edición do Encontro da Canción galega reúne no Multiúsos catro agrupacións de toda Galicia A Rondalla Vila das Pontes da Coruña, a Coral O Son dos Cantares de Mos e o orfeón de Trives de Ourense participan neste festival no que actuará tamén a coral de San Esteban de Negros, organizadora do evento […]

Concerto de Broken Peach na Praza da Torre

Tras a conclusión da Festa da Coca, a programación cultural de verán arrinca con forza en Redondela, Pontevedra.O venres 27 de xuño ás 22:00 horas, a Praza da Torre acollerá o concerto da banda Broken Peach, un evento organizado polo Concello de Redondela que promete encher a noite de música e enerxía. Broken Peach é […]

Concerto de Glaudio Gabis en Cesantes

Claudio Gabis Blues Band actuará no ciclo Blues And Rías en Cesantes O arxentino, de actualidade pola súa aparición na serie "O Eternauta" repasará a súa longa traxectoria cun concerto que terá lugar este xoves 10 de xullo no Brisa Chiringo ás 21:30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros con consumición incluída. […]

Festas de San Benito en Vilar

Dous días de festa en Vilar para honrar a San Benito O venres 11 de xullo, a xornada comezará desde ben cedo con misas en honra a San Benito, celebradas cada hora desde as 9:00 ata as 13:00, cando terá lugar a misa maior seguida da procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. […]

“The Rapants” e “Rebeliom do inframundo” en Arcade

Os Concertos do Verán de Soutomaior achegan a Arcade as actuacións dos grupos “The Rapants” e “Rebeliom do inframundo”. A actuación, completamente de balde, será este sábado 12 de xullo a partir das 21:30 horas no Peirao de Arcade. A xornada festiva complétase cunha sesión Dj a cargo da Duendeneta que será a encargada de […]

Contacontos Cantareiras en Pazos

A Área recreativa de Nespereira acolle este domingo 13 ás 19:00 horas o contacontos “Cantareiras: Poesía popular nas Letras Galegas”, da man de Quique Mauricio e Carlos Taboada da agrupación  Polo correo do vento. Unha actividade divertida e participativa para nenas e nenos na que coñecerán a historia das cantareiras galegas e poderán facer o […]