Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contos da veciñanza en Chapela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela organiza este xoves 22 unha nova proposta pensada para os máis cativos. A cita será ás 18:00 horas na biblioteca do Pieñeiral cos “Contos da veciñanza” nesta caso coa participación de Rebeca e Sonia que serán as encargadas de achegar os seus contacontos á rapazada a partir dos 3 […]

Contacontos na Biblioteca de Chapela

A biblioteca do Piñeiral celebra unha nova edición dos Contos da veciñanza, un encontro veciñal arredor da narrativa oral. Unha sesión nas que as contadoras son veciñas da parroquia de Chapela que se suman a esta iniciativa que terá lugar o xoves 22 ás 18:00 horas. Nesta ocasión as atrevidas contadoras son Rebeca e Sonia, […]

Festival da Primavera de Anaquiños

O grupo Anaquiños celebra o 24 de maio a XV edición do seu festival da primavera coa actuación do grupo Contomeleiro e Adonaire de Candeán, o grupo o Carballo das Cen pólas de Reboreda e o grupo anfitrión de Anaquiños. A cita será o sábado 24 a partir das 18:30 horas no Multiúsos do Piñeiral […]

Concerto de Gospel a favor de Da Mán

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 31 ás 21:00 horas un concerto de música gospel a cargo do coro "Gospel Vida". As entradas, a un prezo de 6 euros en beneficio da ONG Da Más están a venda nos locias Café da Vila, Kiosco Cocó e Copy Redondela. Tamén pdoerán retirarse no propio Multiúsos […]

II Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición

Nova edición da Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición en Redondela O sábado 31 de maio, Redondela acollerá a II Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición, un evento que terá lugar debaixo da ponte de Rande a partir das 17:00 horas. Os asistentes poderán gozar dun roteiro pola zona, […]

Asemblea Comunidade de montes do Viso

A Comunidade de Montes convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 1 de xuño ás 11 horas. Na reunión informarase de tódolos traballos que se están facendo no monte buscando a resiliencia fronte a incendios forestais e para aumentar a diversidade favorecendo illas interconexas de áreas de alto valor de conservación. […]

Doazón de Sangue en Redondela

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 6 e o sábado 7 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 6 en horario […]

Serán en Rande

A Asociación Cultural e deportiva de Rande organiza este sábado un festival de música tradicional que contará coa participación de dez grupos de gaitas e pandereteiras da contorna. Unha actividade de balde a partir das 20:00 horas que se desenvolverá na contorna do meirande e que, a partir das dez, convidará aos asistentes a un […]

Marcha ciclista en Cedeira

O centro cultural da parroquia organiza a XXXIII edición da súa marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro domingo 8 de xuño. A saída está prevista ás 10:00 horas dende a sede do centro e o percorrido levará aos participantes ata o peirao de Cesantes, lugar onde se encamiñarán novamente cara o centro cultural. Os […]

VIII Encontro da Canción galega

A VIII edición do Encontro da Canción galega reúne no Multiúsos catro agrupacións de toda Galicia A Rondalla Vila das Pontes da Coruña, a Coral O Son dos Cantares de Mos e o orfeón de Trives de Ourense participan neste festival no que actuará tamén a coral de San Esteban de Negros, organizadora do evento […]

Concerto de Broken Peach na Praza da Torre

Tras a conclusión da Festa da Coca, a programación cultural de verán arrinca con forza en Redondela, Pontevedra.O venres 27 de xuño ás 22:00 horas, a Praza da Torre acollerá o concerto da banda Broken Peach, un evento organizado polo Concello de Redondela que promete encher a noite de música e enerxía. Broken Peach é […]

Concerto de Glaudio Gabis en Cesantes

Claudio Gabis Blues Band actuará no ciclo Blues And Rías en Cesantes O arxentino, de actualidade pola súa aparición na serie "O Eternauta" repasará a súa longa traxectoria cun concerto que terá lugar este xoves 10 de xullo no Brisa Chiringo ás 21:30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros con consumición incluída. […]