Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival Internacional de Títeres: “Desconexión” na programación de sala

A compañía galega Títeres Alakrán, creada oiki titiriteiro, actor e escultor Borxa Insua, presenta espectáculos que mesturan diversas técnicas.  "Desconexión" é unha peza de 45 minutos para todos os públicos que aborda a dependencia tecnolóxica. A familia de Carmela tenta manter as súas actividades cotiás coa tecnoloxía, nunha vida ordenada pero caótica. Lugar: Auditorio da […]

Festa da Carne ao Caldeiro en Chapela

O Círculo Cultural da parroquia celebra este venres día 16 unha cita gastronómica en torno a carne ao caldeiro. A actividade está organizada co gallo do Día das Letras Galegas e desenvolverase no salón de actos da sociedade ata completar o aforo. O prezo do menú é de 20 euros por persoa e inclúe ademais […]

Festival Internacional de Títeres: “Árido” na programación de sala

Árido conta a historia da adaptación de Berta á súa nova casa que xera unha cadea de sucesos hilarantes a través de situacións cotiás e acontecementos inesperados, que xorden nun contexto contemporáneo absurdo. Unha proposta cargada de humor para explorar e descubrir novas linguaxes. Esta montaxe é unha produción do Centro Dramático Nacional, Cazando Gamusinos […]

As Letras Galegas en Vilar de Infesta

O Centro Cultural de Vilar de Infesta celebra o Día das Letras Galegas con actividades que arrancarán ás 17:00 horas con actividades para os máis cativos a cargo do grupo de animación infantil de Cedeira. media hroa despoios haberá música coas actuacións das Pandereteiras Follas Verdes de Vilar, as Pandereteiras Ledicia de Trasmañó, o grupo […]

Festival Internacional de Títeres: “A danza dos medos” na programación de sala

"A danza dos medos" (Títeres de mesa, música ao vivo e outras técnicas) ten unha duración de 60 minutos e está programada o sábado 17 de maio no Auditorio da Xunqueira (+8 anos).  A obra convídanos a descubrir como, ao longo da vida, os nosos pensamentos, sentimentos e desexos nos expoñen a vivir múltiples emocións, […]

Andaina pola Serra do Galleiro

Pazos de Borbén organiza unha andaina pola Serra do Galleiro A actividade terá lugar este domingo 18 de maio con saída dende o torreiro da Festa do Ovo de Nespereira ás 9:30 horas. Unha andaina esixente xa que son 12 kilómetros cun desnivel importante. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no teléfono 692 […]

Festival Internacional de Títeres: “Feos” na programación de sala

A compañía chilena Teatro y su Doble presenta "Feos", un espectáculo de manipulación directa e varias técnicas que explora a beleza na fealdade. A obra, dirixida por Mario Benedetti, represéntase o domingo 18 de maio ás 20:00h, con entrada para maiores de 16 anos.

Contos da veciñanza en Chapela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela organiza este xoves 22 unha nova proposta pensada para os máis cativos. A cita será ás 18:00 horas na biblioteca do Pieñeiral cos “Contos da veciñanza” nesta caso coa participación de Rebeca e Sonia que serán as encargadas de achegar os seus contacontos á rapazada a partir dos 3 […]

Contacontos na Biblioteca de Chapela

A biblioteca do Piñeiral celebra unha nova edición dos Contos da veciñanza, un encontro veciñal arredor da narrativa oral. Unha sesión nas que as contadoras son veciñas da parroquia de Chapela que se suman a esta iniciativa que terá lugar o xoves 22 ás 18:00 horas. Nesta ocasión as atrevidas contadoras son Rebeca e Sonia, […]

Festival da Primavera de Anaquiños

O grupo Anaquiños celebra o 24 de maio a XV edición do seu festival da primavera coa actuación do grupo Contomeleiro e Adonaire de Candeán, o grupo o Carballo das Cen pólas de Reboreda e o grupo anfitrión de Anaquiños. A cita será o sábado 24 a partir das 18:30 horas no Multiúsos do Piñeiral […]

Concerto de Gospel a favor de Da Mán

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 31 ás 21:00 horas un concerto de música gospel a cargo do coro "Gospel Vida". As entradas, a un prezo de 6 euros en beneficio da ONG Da Más están a venda nos locias Café da Vila, Kiosco Cocó e Copy Redondela. Tamén pdoerán retirarse no propio Multiúsos […]