Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autobús manifestación SOS Sanidade Pública

A Asemblea pola Sanidade pública de Redondela facilita o traslado da veciñanza que queira participar este domingo día 6 de abril na manifestación que terá lugar en Santiago en defensa da sanidade pública coa posta a disposición dos e das interesadas dun autobús que partirá ás 10:00 horas dende a praza da Farola con parada […]

Viaxe a Ourense e Carballiño

Soutomaior organiza unha viaxe a Ourense e Carballiño para os maiores da localidade. O programa Ronsel, da concellería de Igualdade e Benestar Social, achega esta excursión de balde para persoas maiores de 65 anos. A actividade desenvolverase o domingo 11 de maio e levará aos participantes ata a cidade de Ourense e ao Parque Municipal […]

Obradoiros de Semana Santa Redondela e Chapela

O Concello ofrece obradoiros durante as vacacións escolares de Semana Santa para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades, completamente de balde, celebraranse no Conservatorio Municipal de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela os días 14, 15, 16 e 21 de […]

Saída en bicicleta por Saxamonde

Unha proposta das Concellerías de turismo e Sostenibilidade pensada para público familiar que se realizará o xoves 17 de abril ás 18.00 horas e que  consiste nunha ruta de Orientaventura en bicicleta por Chan das Pipas en Saxamonde. O prezo desta actividade é de 5 euros, con bici propia, ou 8 euros con bicicleta do […]

Visita cemiterio Os Eidos

O venres e o sábado días 18 e 19 ás 19.00 horas farase unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos. Nesta ruta os visitantes poderán coñecer o patrimonio histórico, artístico e cultural da vila. Unha visita de balde organizada polo Concello que precisa de inscrición previa na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, a través […]

Kaiak pola enseada

O sábado 19 de abril ás 12.30 horas o Concello organiza unha actividade de kaiak ambiental pola enseada de San Simón. Nesta actividade os participantes poderán coñecer os fondos mariños e a contorna da illa de San Simón. O prezo é de 20 euros. Para participar é preciso facer previamente a reserva na Oficina de […]

Festa dos Maios

Un total de 23 Maios participan este xoves día 1 da tradicional benvida a primavera que, se o tempo o permite, celebrarase na Alameda Castelao. Anpas, asociacións de mulleres, cultuais e sociais, centros deportivos e veciños e veciñas a nivel particular participan desta edición da festa dos maios que repite éxito de participación, animados tamén […]

Certame de Corais en Cedeira

O centro cultural de Cedeira celebra este sábado 3 de maio ás 18:30 horas un certame de Corais en homenaxe ás nais. Actuarán a coral O Piñeiral de Chapela e a Coral Polifónica A RAIÑA de Cedeira. A entrada é de balde ata completar aforo. Colabora no acto o Concello de Redondela

Festa do Choco: apertura da carpa de degustación e concertos

O Concello de Redondela celebra os días 9, 10 e 11 de maio de 2025 a XXXVIII edición da Festa do Choco, cunha ampla programación cultural e gastronómica. As actividades darán comezo o venres 9 de maio coa inauguración e apertura da carpa de degustación no Campo da Feira, que permanecerá aberta en horario continuo […]

Festa do Choco: Orquestra Mondragón

O sábado arrancará coa Carpa de Degustación aberta desde as 10:30 h en horario continuo ata o peche. Ás 12:30 h, o grupo Airiños de San Simón actuará na Carpa do Campo da Feira cunha mostra de gaitas e baile galego. Ás 16:00 h, terá lugar a Scooterada Vespartana, con saída desde a Praza de […]

Festa do Choco: Pregón a cargo de “Virtudes” e Orquestra Combo Dominicano

O domingo o pasarrúas da Banda de Música de Chapela comezará ás 11.30 horas, e ás 13.15 amenizará o xantar o grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas. A música galega e en galego seguirá pola tarde, desde as 18.00 horas, co concerto do Sonoro Maxín e o seu novo álbum “A primavera ten […]

Festival Internacional de Títeres: “No toquen mis manos” na programación de sala

Valeria Guglietti, especializada en teatro de sombras chinesas, presenta "No toquen mis manos", un espectáculo que combina arte e movemento. A obra, para maiores de 6 anos, ten lugar o martes 13 ás 20:00h no Auditorio da Xunqueira na Programación de Sala e o mércores 14 ás 10:30h e 12:00h naCampaña Escolar do Festival Internacional […]