Hoxe é Sábado 12 de Xullo de 2025

Aniversario centro cultural de Vilar

O Centro cultura de Vilar celebra o seu aniversario. Co gallo desta conmemoración este domingo día 23 de marzo convida á veciñanza a unha tarde de convivencia e festa na sede do centro a partir das 17:00 horas. Música, baile e actividades pensadas para público familiar centrarán o programa de actividades que se prolongará durante […]

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o venres 28 en horarios de 15:30 a 21:00 horas.

Encontro de mulleres

Soutomaior convoca a XVI edición do Encontro de Mulleres con visita a Salvaterra As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña antes do 17 de marzo ou de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. A cita ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as […]

Contacontos en Chapela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela organiza unha nova entrega dos «Contos da veciñanza» a cargo das contadoras Lía e Beatriz. A actividade terá lugar o venres 4 de abril ás 18:30 horas e está pensada para rapazada a partir de 3 anos. Dado que as prazas son moi limitadas, compre inscrición previa na biblioteca […]

Festa da ostra

A cita gastronómica celebrarase os días 4, 5 e 6 de abril en Arcade e confía en repetir a asistencia de público de edicións anteriores nas que se superaron as 30.000 persoas que poderán degustar as ostras a prezos populares. A ducia de ostras custará 10 euros e para acompañar serviranse viños albariños de Soutomaior […]

Excursión ás dunas de Corrubedo

A Asociación de veciños de Chapela busca ofrecer actividades de ocio á cidadanía polo que organizan o vindeiro sábado 5 de abril unha saída ao parque natural das dunas de Corrubedo, con visita aá praia, faro e porto así como á Igrexa de Santa María, ao dolmen de axeitos e ao Mirador da Pedra da […]

Charla e documental en torno á orixe de Colón

O Obradoiro e Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este sábado 5 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a proxección do documental "Los caminos de Colón" da Asociación Colón galego. A continuación o seu presidente Eduardo Esteban Meruéndano participará nun debate moderado e presentado por Manuel Puga Pereira, escritor redondelán presidente da Fundación […]

Autobús manifestación SOS Sanidade Pública

A Asemblea pola Sanidade pública de Redondela facilita o traslado da veciñanza que queira participar este domingo día 6 de abril na manifestación que terá lugar en Santiago en defensa da sanidade pública coa posta a disposición dos e das interesadas dun autobús que partirá ás 10:00 horas dende a praza da Farola con parada […]

Obradoiros de Semana Santa Redondela e Chapela

O Concello ofrece obradoiros durante as vacacións escolares de Semana Santa para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades, completamente de balde, celebraranse no Conservatorio Municipal de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela os días 14, 15, 16 e 21 de […]

Saída en bicicleta por Saxamonde

Unha proposta das Concellerías de turismo e Sostenibilidade pensada para público familiar que se realizará o xoves 17 de abril ás 18.00 horas e que  consiste nunha ruta de Orientaventura en bicicleta por Chan das Pipas en Saxamonde. O prezo desta actividade é de 5 euros, con bici propia, ou 8 euros con bicicleta do […]

Visita cemiterio Os Eidos

O venres e o sábado días 18 e 19 ás 19.00 horas farase unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos. Nesta ruta os visitantes poderán coñecer o patrimonio histórico, artístico e cultural da vila. Unha visita de balde organizada polo Concello que precisa de inscrición previa na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, a través […]

Kaiak pola enseada

O sábado 19 de abril ás 12.30 horas o Concello organiza unha actividade de kaiak ambiental pola enseada de San Simón. Nesta actividade os participantes poderán coñecer os fondos mariños e a contorna da illa de San Simón. O prezo é de 20 euros. Para participar é preciso facer previamente a reserva na Oficina de […]

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: