Baixo o lema MATRONALIA 8M, este ano a campaña do (M do Concello de Soutomaior centra o seu foco nas matronas. Como representante deste colectivo elixiron a Marisol Santomé, quen exerceu esta profesión en Arcade durante case dúas décadas (entre o 2004 e o 2022). Santomé recibirá o recoñecemento "María a das mil flores” nun […]
O sábado día 18 celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas reuniranse ás 17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealoga. A queima do Berete […]
O sábado día 15 de marzo está programado o espectáculo “Sobria y Serena. El Chou”, dentro da programación do 8M do Concello de Redondela. Jazmín Abuín e Arantxa Treus son as protagonistas deste show de humor no que fan unha viaxe pola súa vida a golpe de gargalladas. Será ás 20:00 horas Multiúsos da Xunqueira […]
Redondela abre o prazo para participar nas excursións que o concello organiza para as persoas maiores. O programa “Redondela viaxa” arranca cunha excursión a Padrón e Santiago de Compostela con saídas os días 24, 25, e 26 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto desde o luns día 17 ata o venres día 21 […]
Dentro da programación do 8M do Concello de Redondela, o 21 de marzo presentarase o libro “Galegas na Música” de Isabel Blanco, coa actuación musical de Zousaxmas, no Conservatorio Municipal Víctor Ureña ás 20:00 horas. Este libro reúne unha escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xoglaresa ata as máis […]
As mulleres que escribiron parte da historia de Redondela serán as protagonistas dun “Scape Room” o 22 de marzo, dentro da programación do 8M do Concello de Redondela. Sairá ás 19:00h da praza de Ponteareas (Vilavella). Información e inscricións: igualdade@redondela.gal
O Centro cultura de Vilar celebra o seu aniversario. Co gallo desta conmemoración este domingo día 23 de marzo convida á veciñanza a unha tarde de convivencia e festa na sede do centro a partir das 17:00 horas. Música, baile e actividades pensadas para público familiar centrarán o programa de actividades que se prolongará durante […]
O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o venres 28 en horarios de 15:30 a 21:00 horas.
Soutomaior convoca a XVI edición do Encontro de Mulleres con visita a Salvaterra As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña antes do 17 de marzo ou de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. A cita ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as […]
A Biblioteca Xela Arias de Chapela organiza unha nova entrega dos «Contos da veciñanza» a cargo das contadoras Lía e Beatriz. A actividade terá lugar o venres 4 de abril ás 18:30 horas e está pensada para rapazada a partir de 3 anos. Dado que as prazas son moi limitadas, compre inscrición previa na biblioteca […]
A Asociación de veciños de Chapela busca ofrecer actividades de ocio á cidadanía polo que organizan o vindeiro sábado 5 de abril unha saída ao parque natural das dunas de Corrubedo, con visita aá praia, faro e porto así como á Igrexa de Santa María, ao dolmen de axeitos e ao Mirador da Pedra da […]
O Obradoiro e Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este sábado 5 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a proxección do documental "Los caminos de Colón" da Asociación Colón galego. A continuación o seu presidente Eduardo Esteban Meruéndano participará nun debate moderado e presentado por Manuel Puga Pereira, escritor redondelán presidente da Fundación […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.