A oradora, escritora, activista feminista e formadora en obradoiros sobre a abolición da prostitución e violencias sexuais e estará connosco o xoves 20 de febreiro ás 20:00h. no Multiúsos (entrada de balde ata completar o aforo). Tiganus será a encargada de abrir o programa “Eira de actualidade” que pon en marcha o Concello de Soutomaior […]
Concerto de Airiños da Peneda - un dos mellores exemplos de música tradicional da comarca - de balde no Multiusos da Xunqueira o 22 de febreiro ás 20:00 horas.
O VII Ciclo de Teatro Infantil continúa coa obra “Ándale! Bon appétit!” do grupo Ghazafellos o 23 de febreiro ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Trátase da reposición da exitosa obra de Teatro Ghazafelhos 'Bon Appétit'. Nesta ocasión, os amantes chefs Felipe, Antonio e Francisco mostrarán a deliciosa comida mexicana facendo un pequeno repaso […]
A rapazada será a protagonista desta xornada co Etroido Infantil e Xuvenil con obradoiros na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. A Praza da Constitución acollerá o espectáculo do Mago Noel ás 17.30 horas, co show “Que curioso!”. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas […]
O domingo día 2 a partir das 17.00 horas terá lugar a concentración das comparsas no Campo da Feira. Ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a tradicional comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila. Ás 20.30 horas será a entrega de […]
As bandas que desexen participar deberán enviar as súas propostas ao correo maketas@milloverde.org antes do 4 de marzo de 2025. Entre todas as inscricións, serán seleccionadas dúas bandas finalistas que terán a oportunidade de actuar nun concerto especial o 12 de abril de 2025 na Antiga Feira do Gando de Redondela. Poderán participar no concurso grupos e solistas residentes […]
O día 4, Martes de Entroido ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas. Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 […]
O acto institucional do 8M en Redondela será o 7 de marzo na Praza do Concello ás 12.00 horas, coa lectura da Declaración Institucional a cargo da xornalista María Foscaldo “Virtudes”. No acto participa o grupo de teatro da Asociación Cultural de Chapela e tamén cos centros educativos, centros de Dia, colectivos e asociacións como […]
O Multiúsos de Arcade acollerá o día 7 de marzo o concerto “Síntese horizonte” de Guadi Galego ás 21:00 horas. Con entrada de balde as persoas interesadas en achegarse deberá retirar as entradas o luns 3 de marzo en horario de mañá no concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou pola tarde no Multiúsos entre […]
A cita gastronómica da Festa da cacheira en Concello de Pazos de Borbén terá lugar o domingo 9 e contará coa artista Pili Pampín como pregoeira. As persoas asistentes poderán degustar a tradicional ración de #cacheira por 15 euros, incluíndo unha taza conmemorativa, ou probar a empanada de cacheira por 4 euros a ración. Tamén […]
O BNG conmemora o 8M cunha charla na Casa da Cultura. O acto “Sementando a igualdade” desenvolverase este venres 14 ás 20:00 horas e contará coa intervención da responsable comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, a delegada sindical María Xosé García e a axente de igualdade, Lucía Pereda. As tres poñentes debaterán sobre a situación […]
Baixo o lema MATRONALIA 8M, este ano a campaña do (M do Concello de Soutomaior centra o seu foco nas matronas. Como representante deste colectivo elixiron a Marisol Santomé, quen exerceu esta profesión en Arcade durante case dúas décadas (entre o 2004 e o 2022). Santomé recibirá o recoñecemento "María a das mil flores” nun […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.