Actuación da banda asturiana Armonía de Tineo xunto as formacións musicais do Conservatorio. O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo 19 ás 12:00 horas un concerto no que participarán a Banda de Música Armonía de Tineo, a Orquestra de Saxos de Redondela, a Chouque Big Band e a Xingros Big Band.
O domingo, da man da Deputación de Pontevedra, chega a obra teatral para público familiar e infantil “Kyoki”, a cargo da compañía Elefante Elegante. A peza poderá verse no Multiúsos de Arcade a partir das 17:30 horas. “Kyoki” é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, […]
O círculo cultural e recreativo de Chapela organiza o xoves 23 de xaneiro un curso para aprender nocións básicas de primeiros auxilios. Os asistentes a esta actividade formativa, impartida por persoal de protección Civil, coñecerán como evaluar adecuadamente unha situación de emerxencia, para brindar os primeiros auxilios de xeito correcto de seguro e tomar decisión […]
A científica e divulgadora redondelá Paula Rivas presenta en Chapela o libro “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”, editado por Xerais nunha actividade que terá lugar o xoves 23 na Biblioteca de Chapela ás 18:30 horas e que está pensada especialmente para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. A actividade […]
Un dos primeiros actos en Redondela co gallo do "Ano Castelao" terá lugar o mércores 29 baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” a cargo do catedrático de Historia Ramón Villares quen falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. Nun formato de entrevista, […]
Asociación Dramatúrxica Pico de Castro (Foz) presenta O Randiña no Multiusos da Xunqueira, unha obra de entrada libre dentro do Ciclo de Teatro organizado pola Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello de Redondela. A peza teatral recrea as peripecias dun vagabundo, “O Randiña”, no seu afán por protexer o único lugar que […]
Organizado por Pares Nones Producción e o Concello de Redondela, o Multiusos da Xunqueira acollerá o próximo 8 de febreiro ás 20:00 horas o monólogo El espectáculo de Luis Álvaro, con entrada a 13 euros. Luis Álvaro preséntase como un mestre do humor nas súas múltiples formas: negro, branco, absurdo e paradoxal. Co seu estilo […]
O temporal que azoutou con forza o noso concello na xornada de onte obrigou á comisión de festas de San Vicente de Trasmañó a adoptar unha decisión inédita na historia desta festa: adiar a súa celebración que quedou aprazada para o domingo 9 de febreiro. A cita gastronómica terá lugar no patio cuberto do Centro […]
O 15 de febreiro ás 20:00 horas o auditorio da Xunqueira acollerá a obra “Territorios de Liberdade”, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina, Companhia Certa, de Portugal, e o Centro Dramático Galego. Este novo espectáculo, no que participan os redondeláns Luis Borines, Andrés Giráldez e Tatán, reflexiona sobre a liberdade cunha posta en escena que […]
A cita musical será este sábado 15 ás 20 horas con entrada de balde. O concerto que leva por nome “Rosalía na nosa voz” corre a cargo de Tino Baz, autor do disco sobre poemas de Rosalía de Castro “Se cantas es ti que cantas”. Un traballo con 11 cancións a partir dos textos da poeta […]
O Centro Cultural de Cedeira celebra o sábado 15 a partir das 21:00 horas unha festa co gallo da celebración do Día dos Namorados na que haberá photocall para as parellas, agasallos e música en directo. A entrada é gratuíta.
O domingo 16 de febreiro o Multiusos da Xunqueira acolle o monólogo do actor galego Xosé Antonio Touriñán, coa obra “Aquí Tou!”, ás 19.00 horas e entrada a 15 euros. En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.