Hoxe é Martes 3 de Xuño de 2025

Peter Punk en Cedeira

Continúa o ciclo de teatro infantil "Queremos galego" da programación de Nadal do Concello de Redondela cunha actuación o 3 de xaneiro a conta de  Peter Punk. Visitará o Centro Cultural de Cedeira ás 18.30 co espectáculo cómico e musical “Chungo que te cagas”.

Os Bolechas visitan o Multiúsos

A programación do Ii Ciclo infantil interparroquial Queremos Galego rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas” que estarán o auditorio da Xunqueira ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Os Bolechas visitan Redondela

A programación de Nadal do concello de Redondela inclúe a visita dunha das familias máis populares de Galicia. "Os Bolechas chegan ao auditorio da Xunqueira o sábado 4 de xaneiro ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Doazón Sangue

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 10 e o sábado 11 de xaneiro a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 10 […]

Estrea da obra teatral «O sangue tira»

A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolle este venres, ás 20.30 horas, a estrea da obra teatral «O sangue tira», unha comedia escrita e dirixida por Andrea Castro enmarcada na Escola Municipal de Teatro para persoas adultas. Sobre o escenario poderemos ver a Felipa Criado, Suso Hernández e Marco Torres. A entrada é de […]

Teatro afeccionado en Chapela

Actuación o sábado 18 ás 20:00 horas do grupo Lúa cheia de Poio coa obra "Resart, residencia de artistas" no Multiúsos do Pieiral do Crego con entrada de balde. Unha comedia que se desenvolve nunha residencia de anciáns cuxos usuarios comparten o feito de ter sido artistas. Unha obra enmarcada no ciclo de teatro afeccionado […]

Concerto de Catro nun zoco

Este sábado, 18 de xaneiro, chega a Igrexa do Divino Salvador (Soutomaior) o concerto de Catro nun zoco, grupo formado por Mini, Iria, Navia Rivas e Mariña Quintillán.  Un concerto de música tradicional e música de autor o sábado ás 21:00 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

Concerto no Multiúsos da Xunqueira

Actuación da banda asturiana Armonía de Tineo xunto as formacións musicais do Conservatorio. O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo 19 ás 12:00 horas un concerto no que participarán a Banda de Música Armonía de Tineo, a Orquestra de Saxos de Redondela, a Chouque Big Band  e a Xingros Big Band.

Teatro no Multiúsos de Arcade

O domingo, da man da Deputación de Pontevedra, chega a obra teatral para público familiar e infantil “Kyoki”, a cargo da compañía Elefante Elegante. A peza poderá verse no Multiúsos de Arcade a partir das 17:30 horas. “Kyoki” é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, […]

Curso de primeiros auxilios en Chapela

O círculo cultural e recreativo de Chapela organiza o xoves 23 de xaneiro un curso para aprender nocións básicas de primeiros auxilios. Os asistentes a esta actividade formativa, impartida por persoal de protección Civil, coñecerán como evaluar adecuadamente unha situación de emerxencia, para  brindar os primeiros auxilios de xeito correcto de seguro e tomar decisión […]

Paula Rivas fala de neurociencia en Chapela

A científica e divulgadora redondelá Paula Rivas presenta en Chapela o libro “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”, editado por Xerais nunha actividade que terá lugar o xoves 23 na Biblioteca de Chapela ás 18:30 horas e que está pensada especialmente para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. A actividade […]

Ramón Villares fala de Castelao

Un dos primeiros actos en Redondela co gallo do "Ano Castelao" terá lugar o mércores 29 baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” a cargo do catedrático de Historia Ramón Villares quen falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. Nun formato de entrevista, […]

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: