Hoxe é Xoves 26 de Xuño de 2025

Festa infantil pre fin de ano en Redondela

A Praza da Constitución en Redondela será escenario, o día 31 de decembro, dunha Festa Infantil con Paco Nogueiras. O creador de espectáculos como “Brinca Vai”, ou “Radio Bule Bule” estará en Redondela co seu último traballo “Son Animal” para despedir o ano com moito ritmo. Será ás 11.30 e en caso de choiva a […]

Festa infantil pre fin de ano en Chapela

A parroquia de Chapela acollerá o día 31 de decembro a súa festa Pre Fin de Ano infantil na Alameda Rosalía de Castro. A Disco Móbil de Nadal porá a bailar a todos con divertidos xogos musicais. Será ás 12.00 horas, en caso de choiva a actividade realizarase no Multiúsos de Chapela.

Música e teatro con Pakolas no Viso

II Ciclo Infantil Interparroquial continuará na Sociedade Cultural do Viso o 2 de xaneiro co coñecido artista musical Pakolas e o seu espectáculo “As máis molonas” ás 18.00 horas.

Peter Punk en Cedeira

Continúa o ciclo de teatro infantil "Queremos galego" da programación de Nadal do Concello de Redondela cunha actuación o 3 de xaneiro a conta de  Peter Punk. Visitará o Centro Cultural de Cedeira ás 18.30 co espectáculo cómico e musical “Chungo que te cagas”.

Os Bolechas visitan o Multiúsos

A programación do Ii Ciclo infantil interparroquial Queremos Galego rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas” que estarán o auditorio da Xunqueira ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Os Bolechas visitan Redondela

A programación de Nadal do concello de Redondela inclúe a visita dunha das familias máis populares de Galicia. "Os Bolechas chegan ao auditorio da Xunqueira o sábado 4 de xaneiro ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Doazón Sangue

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 10 e o sábado 11 de xaneiro a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 10 […]

Estrea da obra teatral «O sangue tira»

A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolle este venres, ás 20.30 horas, a estrea da obra teatral «O sangue tira», unha comedia escrita e dirixida por Andrea Castro enmarcada na Escola Municipal de Teatro para persoas adultas. Sobre o escenario poderemos ver a Felipa Criado, Suso Hernández e Marco Torres. A entrada é de […]

Teatro afeccionado en Chapela

Actuación o sábado 18 ás 20:00 horas do grupo Lúa cheia de Poio coa obra "Resart, residencia de artistas" no Multiúsos do Pieiral do Crego con entrada de balde. Unha comedia que se desenvolve nunha residencia de anciáns cuxos usuarios comparten o feito de ter sido artistas. Unha obra enmarcada no ciclo de teatro afeccionado […]

Concerto de Catro nun zoco

Este sábado, 18 de xaneiro, chega a Igrexa do Divino Salvador (Soutomaior) o concerto de Catro nun zoco, grupo formado por Mini, Iria, Navia Rivas e Mariña Quintillán.  Un concerto de música tradicional e música de autor o sábado ás 21:00 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

Concerto no Multiúsos da Xunqueira

Actuación da banda asturiana Armonía de Tineo xunto as formacións musicais do Conservatorio. O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo 19 ás 12:00 horas un concerto no que participarán a Banda de Música Armonía de Tineo, a Orquestra de Saxos de Redondela, a Chouque Big Band  e a Xingros Big Band.

Teatro no Multiúsos de Arcade

O domingo, da man da Deputación de Pontevedra, chega a obra teatral para público familiar e infantil “Kyoki”, a cargo da compañía Elefante Elegante. A peza poderá verse no Multiúsos de Arcade a partir das 17:30 horas. “Kyoki” é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, […]

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: