O domingo 29 de decembro o auditorio da Xunqueira recibirá á compañía Ártika Cía e o seu teatro musical “Pum, pum, quen hai? Unha comedia familiar recomendada a público infantil a partir dos catro anos que se poderá ver ás 18.00 horas.
Barafunda teatro actuará no Centro Cultural de Reboreda o luns 30 ás 18:00 horas co espectáculo «Os Ourizos, o musical», unha obra de teatro musical de monicreques dirixida a un público familiar e infantil na que se abordan temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus […]
A Praza da Constitución en Redondela será escenario, o día 31 de decembro, dunha Festa Infantil con Paco Nogueiras. O creador de espectáculos como “Brinca Vai”, ou “Radio Bule Bule” estará en Redondela co seu último traballo “Son Animal” para despedir o ano com moito ritmo. Será ás 11.30 e en caso de choiva a […]
A parroquia de Chapela acollerá o día 31 de decembro a súa festa Pre Fin de Ano infantil na Alameda Rosalía de Castro. A Disco Móbil de Nadal porá a bailar a todos con divertidos xogos musicais. Será ás 12.00 horas, en caso de choiva a actividade realizarase no Multiúsos de Chapela.
II Ciclo Infantil Interparroquial continuará na Sociedade Cultural do Viso o 2 de xaneiro co coñecido artista musical Pakolas e o seu espectáculo “As máis molonas” ás 18.00 horas.
Continúa o ciclo de teatro infantil "Queremos galego" da programación de Nadal do Concello de Redondela cunha actuación o 3 de xaneiro a conta de Peter Punk. Visitará o Centro Cultural de Cedeira ás 18.30 co espectáculo cómico e musical “Chungo que te cagas”.
A programación do Ii Ciclo infantil interparroquial Queremos Galego rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas” que estarán o auditorio da Xunqueira ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.
A programación de Nadal do concello de Redondela inclúe a visita dunha das familias máis populares de Galicia. "Os Bolechas chegan ao auditorio da Xunqueira o sábado 4 de xaneiro ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.
A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 10 e o sábado 11 de xaneiro a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 10 […]
A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolle este venres, ás 20.30 horas, a estrea da obra teatral «O sangue tira», unha comedia escrita e dirixida por Andrea Castro enmarcada na Escola Municipal de Teatro para persoas adultas. Sobre o escenario poderemos ver a Felipa Criado, Suso Hernández e Marco Torres. A entrada é de […]
Actuación o sábado 18 ás 20:00 horas do grupo Lúa cheia de Poio coa obra "Resart, residencia de artistas" no Multiúsos do Pieiral do Crego con entrada de balde. Unha comedia que se desenvolve nunha residencia de anciáns cuxos usuarios comparten o feito de ter sido artistas. Unha obra enmarcada no ciclo de teatro afeccionado […]
Este sábado, 18 de xaneiro, chega a Igrexa do Divino Salvador (Soutomaior) o concerto de Catro nun zoco, grupo formado por Mini, Iria, Navia Rivas e Mariña Quintillán. Un concerto de música tradicional e música de autor o sábado ás 21:00 horas con entrada de balde ata completar o aforo.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.