Hoxe é Mércores 25 de Xuño de 2025

O Apalpador visita Cesantes

O II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello chega a Cesantes, será coa tradicional figura do Nadal galego, o Apalpador, quen visitará o Centro Cultural o día 23 de decembro ás 18.00 horas para reunirse coa rapazada.

A bailar no Nadal en Chapela

O Multiúsos de Chapela acollerá o espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T o venres 27 de decembro ás 18.00 horas. Unha actividade enmarcada no II ciclo infantil interparroquial que organiza o Concello de Redondela

San Silvestre en Soutomaior

A cita deportiva terá lugar o 28 de decembro a partir das 16:30 h. con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia única de 2km nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico. A inscrición debe formalizarse na páxina web do concello antes do 19 de decembro. A Carreira […]

Teatro en Negros

A programación de Nadal do Concello de Redondela chega a San Estevo de Negros o 28 de decembro co espectáculo “A xogar cos trasnos do Nadal”. Unha proposta teatral enmarcada no ciclo "Queremos galego" ás 18.00 horas no Centro Cultural da parroquia.

Teatro musical no Multiúsos

O domingo 29 de decembro o auditorio da Xunqueira recibirá á compañía Ártika Cía e o seu teatro musical “Pum, pum, quen hai? Unha comedia familiar recomendada a público infantil a partir dos catro anos que se poderá ver ás 18.00 horas.

Barafunda teatro actúa en Reboreda

Barafunda teatro actuará no Centro Cultural de Reboreda o luns 30 ás 18:00 horas co espectáculo «Os Ourizos, o musical», unha obra de teatro musical de monicreques dirixida a un público familiar e infantil na que se abordan temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus […]

Festa infantil pre fin de ano en Redondela

A Praza da Constitución en Redondela será escenario, o día 31 de decembro, dunha Festa Infantil con Paco Nogueiras. O creador de espectáculos como “Brinca Vai”, ou “Radio Bule Bule” estará en Redondela co seu último traballo “Son Animal” para despedir o ano com moito ritmo. Será ás 11.30 e en caso de choiva a […]

Festa infantil pre fin de ano en Chapela

A parroquia de Chapela acollerá o día 31 de decembro a súa festa Pre Fin de Ano infantil na Alameda Rosalía de Castro. A Disco Móbil de Nadal porá a bailar a todos con divertidos xogos musicais. Será ás 12.00 horas, en caso de choiva a actividade realizarase no Multiúsos de Chapela.

Música e teatro con Pakolas no Viso

II Ciclo Infantil Interparroquial continuará na Sociedade Cultural do Viso o 2 de xaneiro co coñecido artista musical Pakolas e o seu espectáculo “As máis molonas” ás 18.00 horas.

Peter Punk en Cedeira

Continúa o ciclo de teatro infantil "Queremos galego" da programación de Nadal do Concello de Redondela cunha actuación o 3 de xaneiro a conta de  Peter Punk. Visitará o Centro Cultural de Cedeira ás 18.30 co espectáculo cómico e musical “Chungo que te cagas”.

Os Bolechas visitan o Multiúsos

A programación do Ii Ciclo infantil interparroquial Queremos Galego rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas” que estarán o auditorio da Xunqueira ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Os Bolechas visitan Redondela

A programación de Nadal do concello de Redondela inclúe a visita dunha das familias máis populares de Galicia. "Os Bolechas chegan ao auditorio da Xunqueira o sábado 4 de xaneiro ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: