A Biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral acolle este martes unha sesión de contacontos con Lía, unha usuaria da propia biblioteca quen será a encargada de animar a grandes e cativos coa súa proposta “Contando no Nadal”. Será este martes 17 ás 18:30 horas orientado a rapazada a partir dos 3 anos. Compre inscribirse […]
O centro cultural e social de Cabeiro saca a poxa a cantina do centro por espacio de catro anos. O contrato de alugueiro entraría en vigor no ano 2025. Poden concorrer a este concurso tanto socios como non socios e persoas que desexen poñer en marcha este servizo independentemente da súa procedencia. As persoas interesadas […]
Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo. Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde […]
O concello de Soutomaior celebra un mercado de 2ª man o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación. Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día […]
O conservatorio Victor Ureña de Redondela celebra o venres 20 ás 20:00 horas o seu tradicional concerto de Nadal. Participan alumnos e alumnas de todas as especialidades instrumentais como o ensemble de clarinetes e a banda de música ademais do coro. Interpretarán pezas típicas da época como “Churumbelerias” ou “White Christmas así como unha selección […]
O Grupo Folclórico “Anaquiños” de Chapela (Redondela), celebra este sábado 21 de decembro o seu “Nadal Folclórico”, unha cita musical e de baile que veñen realizando dende hai anos. O acto dará comezo ás 18:00 h. no Multiusos do Piñeiral de Chapela, con entrada de balde, e participarán todas as seccións que forman o Grupo […]
O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana, os días 21 e 22 de decembro, unha nova edición do Panxoliñas e Canción Tradicional. O concertos comezarán o sábado ás 18.00 horas coas actuacións do Coro Tradicional Tirapuxa Trasmañó, a Coral San Estevo e a Coral da S.L.C. de Reboreda. O domingo o festival comezará […]
Enmarcado dentro do II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello, o teatro chega ao Centro Cultural de Vilar de Infesta o domingo 22 de decembro con Brais das Hortas. O artista ofrecerá ás 18:00 horas o espectáculo “Consertasso a horta”, con música e humor para todos os públicos.
O II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello chega a Cesantes, será coa tradicional figura do Nadal galego, o Apalpador, quen visitará o Centro Cultural o día 23 de decembro ás 18.00 horas para reunirse coa rapazada.
O Multiúsos de Chapela acollerá o espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T o venres 27 de decembro ás 18.00 horas. Unha actividade enmarcada no II ciclo infantil interparroquial que organiza o Concello de Redondela
A cita deportiva terá lugar o 28 de decembro a partir das 16:30 h. con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia única de 2km nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico. A inscrición debe formalizarse na páxina web do concello antes do 19 de decembro. A Carreira […]
A programación de Nadal do Concello de Redondela chega a San Estevo de Negros o 28 de decembro co espectáculo “A xogar cos trasnos do Nadal”. Unha proposta teatral enmarcada no ciclo "Queremos galego" ás 18.00 horas no Centro Cultural da parroquia.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.