Hoxe é Luns 7 de Xullo de 2025

Programación 25N: Acto institucional e performance “Sempre hai saída”

O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, será na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Durante a actuación o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, […]

Concerto de Lula Mora en Espaço Vivo

Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]

Concerto Santa Cecilia

O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas o concerto que organiza o Conservatorio de Redondela e que por estas datas busca conmemorar Santa icía. Un acto integrado no programa do centro e no que participarán as diferentes formacións musicais que funcionan no centro educativo.

Concerto solidario de Cáritas Redondela

O Multiusos da Xunqueira acolle o venres 29 de novembro ás 20:00 hora os concertos de Alberto Cunha e de Os trobeiros da ponte. A entrada ten un custe de 5 euros e os puntos de venta están localizados no Multiusos e no Café da Vila. Tamén pode facerse a doazón a través do número […]

Serán en Soutoxuste

II edición dunha cita que se desenvolverá este sábado 30 de novembro a partir das 19:00 horas na casa do Pobo de Soutoxuste na parroquia do Viso. A Asociación de veciños do Eixo, organizadora do evento, anima á veciñanza a asistir a unha actividade que se vai desenvolve baixo unha gran carpa e na que […]

Acendido do Nadal en Redondela

Rúas e prazas do Concello iluminaranse este  xoves día 5 con 895.000 luces led. O acendido, que terá lugar o xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete. Marionetas xigantes cunha estética que lembra […]

Obradoiro de maxia en Cedeira

O centro cultural de  Cedeira celebra este sábado 14 ás 17:30 horas un taller de maxia dedicado aos cativos. A continuación e xa orientado a todos os públicos chegará a actuación do Mago Marcos prevista para as 18:30. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Papanoelada Moteira

O domingo 15 de decembro o concello de Redondela acollerá unha nova edición de a Papanoelada Moteira. Comezará ás 17.30 horas con saída de todos os participante dende a explanada de Aqualia. Os participantes deberán acudir disfrazados de Papá Noel para realizar un roteiro polas parroquias da localidade.

Taller de Coroas de Nadal

O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 15 un obradoiro de Coroas de Nadal en horario de tarde de 17:30h a 20h. As prazas están limitadas baixo inscrición previa.

Contacontos en Chapela

A Biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral acolle este martes unha sesión de contacontos con Lía, unha usuaria da propia biblioteca quen será a encargada de animar a grandes e cativos coa súa proposta “Contando no Nadal”. Será este martes 17 ás 18:30 horas orientado a rapazada a partir dos 3 anos. Compre inscribirse […]

Aluguer da cantina do Centro Cultural de Cabeiro

O centro cultural e social de Cabeiro saca a poxa a cantina do centro por espacio de catro anos. O contrato de alugueiro entraría en vigor no ano 2025. Poden concorrer a este concurso tanto socios como non socios e persoas que desexen poñer en marcha este servizo independentemente da súa procedencia. As persoas interesadas […]

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: