Actuación da Rondalla de Redondela
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle o sábado día 23 ás 20:00 horas un concerto da "Rondalla de Redondela" con entrada de balde.
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle o sábado día 23 ás 20:00 horas un concerto da "Rondalla de Redondela" con entrada de balde.
Lula Mora son un dúo de indie-folk en galego formado por Sara Caride de Cambados e Silvia Izquierdo de Santa Cruz de Tenerife. Chegarán a Redondela o domingo 24 de novembro en sesión vermú ás 12:30 horas pechando a programación de Espaço Vivo para este mes. Combinan a música de raíz, sobre todo de Galicia, […]
O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, será na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Durante a actuación o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, […]
Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas o concerto que organiza o Conservatorio de Redondela e que por estas datas busca conmemorar Santa icía. Un acto integrado no programa do centro e no que participarán as diferentes formacións musicais que funcionan no centro educativo.
O xoves 28 de novembro a xornada estará dedicada aos máis cativos coa lectura do contacontos “Aitana e a avoa, e outros contos violetas” no Multiusos do Piñeiral ás 18.30 horas a cargo de Soraya Lema para as crianzas de máis de tres anos.
O Multiusos da Xunqueira acolle o venres 29 de novembro ás 20:00 hora os concertos de Alberto Cunha e de Os trobeiros da ponte. A entrada ten un custe de 5 euros e os puntos de venta están localizados no Multiusos e no Café da Vila. Tamén pode facerse a doazón a través do número […]
II edición dunha cita que se desenvolverá este sábado 30 de novembro a partir das 19:00 horas na casa do Pobo de Soutoxuste na parroquia do Viso. A Asociación de veciños do Eixo, organizadora do evento, anima á veciñanza a asistir a unha actividade que se vai desenvolve baixo unha gran carpa e na que […]
Rúas e prazas do Concello iluminaranse este xoves día 5 con 895.000 luces led. O acendido, que terá lugar o xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete. Marionetas xigantes cunha estética que lembra […]
O centro cultural de Cedeira celebra este sábado 14 ás 17:30 horas un taller de maxia dedicado aos cativos. A continuación e xa orientado a todos os públicos chegará a actuación do Mago Marcos prevista para as 18:30. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O domingo 15 de decembro o concello de Redondela acollerá unha nova edición de a Papanoelada Moteira. Comezará ás 17.30 horas con saída de todos os participante dende a explanada de Aqualia. Os participantes deberán acudir disfrazados de Papá Noel para realizar un roteiro polas parroquias da localidade.
O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 15 un obradoiro de Coroas de Nadal en horario de tarde de 17:30h a 20h. As prazas están limitadas baixo inscrición previa.