A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita contar con máis de medio cento de voluntarios e voluntarias en Redondela para poder levar a cabo a Gran Recollida 2024, prevista os próximos 22 e 23 de novembro. Para participar só hai que dispor de catro horas libres e darse de alta en www.bancoalimentosvigo.org ou chamar directamente […]
O venres 22 de novembro ás 19.00 horas o Multiusos da Xunqueira acolle unha conferencia titulada “Violencia machista na contorna dixital” a cargo de Javier Cancelas e Andrea González e dirixida a toda a cidadanía.
A entrega do galardón do “IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista” terá lugar o 23 de novembro ás 12.00 horas na Oficina de Turismo situada no nº 2 da Rúa Isidoro Queimaliños. A figura de Sesé Mateo inspira á familia Mateo e ao Concello de Redondela a crear estes premios. Que […]
Lula Mora son un dúo de indie-folk en galego formado por Sara Caride de Cambados e Silvia Izquierdo de Santa Cruz de Tenerife. Chegarán a Redondela o domingo 24 de novembro en sesión vermú ás 12:30 horas pechando a programación de Espaço Vivo para este mes. Combinan a música de raíz, sobre todo de Galicia, […]
O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, será na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Durante a actuación o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, […]
Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas o concerto que organiza o Conservatorio de Redondela e que por estas datas busca conmemorar Santa icía. Un acto integrado no programa do centro e no que participarán as diferentes formacións musicais que funcionan no centro educativo.
O xoves 28 de novembro a xornada estará dedicada aos máis cativos coa lectura do contacontos “Aitana e a avoa, e outros contos violetas” no Multiusos do Piñeiral ás 18.30 horas a cargo de Soraya Lema para as crianzas de máis de tres anos.
O Multiusos da Xunqueira acolle o venres 29 de novembro ás 20:00 hora os concertos de Alberto Cunha e de Os trobeiros da ponte. A entrada ten un custe de 5 euros e os puntos de venta están localizados no Multiusos e no Café da Vila. Tamén pode facerse a doazón a través do número […]
II edición dunha cita que se desenvolverá este sábado 30 de novembro a partir das 19:00 horas na casa do Pobo de Soutoxuste na parroquia do Viso. A Asociación de veciños do Eixo, organizadora do evento, anima á veciñanza a asistir a unha actividade que se vai desenvolve baixo unha gran carpa e na que […]
Rúas e prazas do Concello iluminaranse este xoves día 5 con 895.000 luces led. O acendido, que terá lugar o xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete. Marionetas xigantes cunha estética que lembra […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.