A asociación Artelixo busca que os políticos locais se “mollen” nun debate que terá lugar o venres 28 ás 19:00 horas na Alameda e que contará coa presenza dos candidato do PP, Javier Bas, PSOE, Digna Rivas, BNG, Xoán Carlos González e en representación de AER o que fora concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.
Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 28 de abril ás 19:30 horas. Un percorrido no que os participantes coñecerán o valor histórico deste camposanto así como os persoeiros que se atopan alí soterrados. Inscrición previa no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal. Organiza a Concellería de Cultura.
O obradoiro de “Comida e ansiedade! impartido por Jaime Juncal terá unha duración de dous días, sábados 29 de abril e o 6 de maio, ambos ás 10:00 da mañá. Nel non se pretende entrar nos trastornos psicolóxicos senón no uso que se fai da comida como vía de escape ante a ansiedade xeralizada. Inscrición […]
Unha vez máis visita Redondela a contadora Raquel Queizás cun espectáculo que leva pro nome contos de investigación Antolín Faraldo orientada a nenos e nenas e máis de seis anos este sábado 29 ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Da man de Queizás os pequenos descubrirán un capítulo da historia galega, o protagonizado por […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:30 horas a presentación do novo traballo da formación do Viso “Airiños da Peneda”. Unha formación musical que nacía no ano 2006, presentando dez anos despois o seu primeiro disco “Cantigas da Peneda”. Agora chega o seu segundo traballo “Sorrisos no ceo” dedicado ao gaiteiro e cofundador […]
A Alameda de Redondela acollerá o vindeiro luns día 1 a Festa dos Maios que revive e volve sumar un elevado numero de participantes. Conos e cruceiros, enmarcados na categoría de maio tradicional, compartirán escenario con estruturas máis variadas e sorprendentes que participarán na categoría de maio artístico. Está previsto que os Maios participantes se […]
O Servizo de Normalización Lingüística organiza esta fin de semana a proxección da película “O corpo aberto” con entrada de balde o venres ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo de cinema galego que organiza o Concello de Redondela chega ao Multiúsos un dos filme que mellor crítica recibiu nos últimos meses, O corpo aberto, unha […]
O sábado chegará ao Multiúsos “Matria” de Álvaro Gago Díaz e con protagonismo indiscutible para María Vázquez pero tamén con presenza dun actor tan próximo a nós como é Tatán. Os problemas laborais e persoais de Ramona, unha muller de corenta anos que vive na costa galega é o fío condutor desta película que se […]
O Centro cultural de Cedeira celebra este domingo día 7 o Día da nai con actuacións de balde a partir das 19:00 horas. Actuará o grupo de Gaitas do Viso, a Coral Polifónica Nosa Señora do Carme de Moaña e a Coral A Raiña del Centro Cultural de Cedeira. Unha actividade que conta coa colaboración […]
A Concellería de Servizos Sociais organiza dous cursos presenciais de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas. Unha actividade que busca dar resposta a alta demanda deste tipo de cursos que facilitan a aprendizaxe dunha unha lingua que favorece a comunicación coas persoas […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.