O 24 de marzo, último día da programación organizada polo Concello co gallo do 8M, farase unha homenaxe ás protagonistas do programa da Concellería de Igualdade en Radio Redondela “As Mulleres Contan, percorrendo camiño”. Será no Pazo de Petán (Redondela) ás 19:00h.
O Multiúsos de Arcade acolle o venres 24 ás 20:30 horas a presentación da candidatura do BNg á alcaldía da localidade. Participarán o candidato Manu Lourenzo, a concelleira Charo Bouzón e a alcaldesa de Allariz, Cristina Diz.
O 25 de marzo estará Isabel Mouzo no Multiúsos da Xunqueira ás 10:00 horas co obradoiro “Escóitate,... ME…, NOS! para falar da necesidade de ferramentas de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial […]
O domingo 26 arrancan os Roteiros con Historia, uns percorridos guiados polos principais recursos culturais e paisaxísticos de Redondela. A primeira ruta será por Monte Penide-Mirallo, cuns 10 km aproximadamente e algo máis de 3 horiñas de duración, comezando ás 10 da mañá. A ruta será circular con saída dende o campo de fútbol de […]
Continúan as celebracións polo 40 aniversarios de Tanxarina. O domingo 26 de marzo ás 18:00 horas levan ao Multiúsos a obras "Trogloditas" un espectáculo no que tres trogloditas nos convidan a entrar no primeiro teatro da prehistoria onde imos asistir a un cómico espectáculo de humor e tolería. Entrada 3 euros. Organiza Concello de Redondela.
Os establecementos interesados en participar na XXXVI edición da Festa do Choco que se celebrará entre o 11 e o 14 de maio deben inscribirse antes do 27 deste mes. Logo das restrición pola pandemia o Concello recupera a tradicional carpa que se instalará no Campo da Feira. Unha actividade que se desenvolverá en paralelo […]
Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 31 de marzo ás 19:30 horas. Un percorrido no que os participantes coñecerán o valor histórico deste camposanto así como os persoeiros que se atopan alí soterrados. Inscrición previa no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal. Organiza a Concellería de Cultura.
O 1 de abril ás 10:00 horas no Multiúsos da Xunqueira Marisé Barro ofrece un obradoiro sobre escritura terapéutica chamado “Cadernos máxicos, o poder transformador da escritura terapéutica”, aventurándose na escritura persoal e autobiográfica. Orientado a persoas a partir de 16 anos. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma […]
Amarturmar oferta para este Semana Santa un roteiro do Choco o xoves ás 17:00 horas, o roteiro do Marisqueo A Pé o venres ás 10:30 horas e o roteiro do Porto o sábado ás 10:30 horas. Actividades todas elas en colaboración co Concello cun prezo de 3 euros con reserva previa na oficina de Turismo […]
O Concello de Redondela retoma as visitas á Illa de San Simón e San Antón con viaxes subvencionadas dende o xoves ata o domingo e saídas desde Cesantes, o museo Meirande e Chapela a un prezo reducido de 5 euros. Dentro das actividades organizadas para a semana Santa, mantéñense tamén os roteiros coñecidos como "A […]
Un texto publicado por Xerais no que se fai un percorrido por 500 anos de persecución ao noso idioma recompilando numerosos documentos históricos, dende o século XV ata a actualidade. A presentación organizada dende Normalización Lingüística Redondela terá lugar o mércores 12 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo de Carlos Callón.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.