Ris Ras é un espectáculo orientado a público familiar que nos fará viaxar a través da música. Os enredos e as historias tradicionais da man dun trasno do amor entre Catarina e Lorenzo (A lúa e o Sol). Unha obra que pecha o V Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. O […]
A Concellería de Igualdade de Soutomaior ofrece unha actividade dirixida ao coñecemento do noso propio corpo practicando técnicas como a respiración, desenvolvendo a atención ao mesmo, e fortalecendo a nosa postura e seguridade corporal. Unha actividade que arrancará o día 3 de febreiro no Multiúsos de Arcade e que se impartirá todos os venres en […]
O sábado 21 a partir das dez da mañá xa arrancarán as festas cunha concentración de vehículos clásicos. Os organizadores confían en que se reúnan ao redor dun cento de vehículos que percorrerán a parroquia. Pola tarde ademais dos actos relixiosos na honra de San Brais ás cinco, os máis pequenos serán os protagonistas con […]
O Multiúsos do Piñeiral en Chapela a colle a representación da obra “Tapersex” a cargo da formación Expresión teatro. Unha divertida comedia onde catro mulleres reúnense para pasar a tarde nunha xuntanza de exhibición de xoguetes eróticos. Unha reunión na que irán saíndo sorpresas que non as deixarán indiferentes. O sábado 21 ás 20:00 horas […]
O domingo a Comisión de festas de Trasmañó organiza a festa do cocido “un xantar a fartar” explica Juan González dende a organización quen insiste en que ninguén quedará con fame e que os pratos encheranse de produtos de primeira calidade tanto para os que queiran degustalos na carpa climatizada como os que opten por […]
Chega a Chapela a obra "Os impresentables" de Atlántida de Matamá. Unha representación enmarcada dentro do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación cultural e social de Chapela. O sábado 28 ás 20:00 horas con entrada de balde.
Vítor Vaqueiro presenta “Facedores de imaxes” un libro sobre os precursores da fotografía en Vigo. "O arquivo Pacheco debería levar o nome de Arquivo Prosperi, Otero e Pacheco" con esta afirmación o fotógrafo, ensaísta e historiador da fotografía Vitor Vaqueiro xa deixa constancia da relevancia de dúas figuras inxustamente descoñecidas como foron o matrimonio formado por […]
O ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Culturla e social de Chapela chega ao seu remate coas obras “A clase particular” e “O pazo da Duquesa” do grupo Fonte da Tella quen se subirá ao escenario o día 4 de febreiro. Actuación de balde ás 20:00 horas.
A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) reactiva o Plan de formación con dous cursos de manipulación de alimentos en formato presencial con soporte dixital o luns 6 de febreiro en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. Para participar hai que cumprimentar o correspondente formulario na páxina web do […]
A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) reactiva o Plan de formación cun cursos de manipulación de alimentos en formato presencial con soporte dixital o venres 10 de febreiro en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. Para participar hai que cumprimentar o correspondente formulario na páxina web do Plan […]
O día 10 de febreiro ás 19:30 horas no auditorio da xunqueira Jaime Juncal imparte unha Charla sobre alimentación saudable: “Mellora a túa alimentación de xeito sinxelo” con entrada de balde.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.