Soutomaior celebra as “Prebadaladas” na Alameda de Talo Río O Concello convida a todos os veciños a despedir o ano o venres 30 nunha festa prebadaladas que arrancará ás 16:30 horas cun obradoiro de maquillaxe. Unha hora despois haberá un espectáculo de circo “Asakocirco show”, haberá chocolatada con churros de balde e música a cargo […]
Os Bolechas regresan a Redondela a presentarnos un espectáculo familiar coa burxa Befana. Desta volta, cos Bolechas o público vai coñecer outras formas de celebrar o Nadal, e outras personaxes destas datas. De feito preséntannos a Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes á rapazada italiana nestas datas tan especiais. O venres 30 ás […]
O pianista redondelán Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo ofrecerán un concerto este venres 30 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a favor da Asociación española contra o cancro en Redondela. A entrada custa 10 euros que irán a parar á asociación. As entradas pódense adquirir no propio Multiúsos ou chamando aos teléfono […]
O día 3 de xaneiro estará no multiusos da Xunqueira Pakolas co seu espectáculo musical para os máis cativos e cativas. Presenta “Ramona Órbita, a dona do tempo” a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo.
Larraitz Produccións actuará o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Reboreda ás 18:00 horas. Presenta a obra A viaxe de Rosalía, un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana […]
A cabalgata de reis celébrase o 5 de xaneiro a partir das 18 horas da tarde. O percorrido polas rúas de Redondela comeza en Vilavella, dá a volta no Campo da Feira e fai parada no concello para recibir os nenos e nenas. O percorrido polas rúas de Chapela comeza no alto da Encarnación ata […]
Concerto solidario o 7 de xaneiro ás 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Tocan os grupos redondelás 33 RPM e Retroblues. A entrada custa 4 euros e ao rematar o concertó haberá unha festa na Barraca de Fredy (o prezo da entrada inclúe unha consumición neste local).
Ris Ras é un espectáculo orientado a público familiar que nos fará viaxar a través da música. Os enredos e as historias tradicionais da man dun trasno do amor entre Catarina e Lorenzo (A lúa e o Sol). Unha obra que pecha o V Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. O […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.