Unha presentación literaria o mércores 23 ás 19:30 no Multiúsos da Xunqueira enmarcada dentro dos actos do 25N que organiza o Concello e que contará coa presenza de Noelia Míguez e o seu libro “Ocho señales, Cuestión de vida o muerte”. Un relato en primeira persoa dunha muller que sufriu nas súas propias carnes a […]
O venres 25 terá lugar o acto institucional ás doce do mediodía na praza do Concello. Un acto que contará coa presentación do libro “Bambú” de Isabel Blanco e a posterior ofrenda floral e lecturas de poemas no Salgueiral.
A programación do 25N que organiza o Concello de Redondela rematará coa II gala dos premios de Xornalismo ético que se desenvolverá o propio venres 25 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda […]
A Asociación Sinha Paca organiza o seu IV Magosto en colaboración co Concello de Redondela e a Asociación Cultural e Recreativa de Quintela. Celebrarase o sábado 26 de Novembro no adro da Festa de Quintela con inicio ás 12:30 co pregón a cargo do actor Andrés Giráldez, sesión vermú con música de Harpo, chico y […]
O Multiúsos de Chapela acolle un concerto a cargo da formación Airiños da Peneda o sábado 26 ás 20:00 horas con entrada de balde. Unha actividade enmarcada na programación de outono do Concello.
Unha actividade organizada pola Concellería de Medio Ambiente que se vai realizar o domingo 27 ás 10:00 horas con saída dende a Mámoa do Rei en Monte Penide e que contará coas explicacións dun recoñecido micólogo, o presidente da asociación micolóxica Brincabois, Jaime Blando. Unha proposta orientada a público familiar que pode ir acompañado polas […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle o 27 de novembro ás 18:00 horas unha nova obra de teatro enmarcada no ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela. Nesta ocasión a compañía Pedras de Cartón achéganos a obra Quixote, un espectáculos para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras. Don […]
O Concello de Fornelos de Montes, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convocou o XI Premio de Poesía “Manuel Lueiro Rey”. Poderán concorrer ao certame poemas escritos en galego normativo, cunha extensión de entre 500 e 800 versos. Recibe orixinais ata o 30 de novembro. O […]
Unha actividade organizada polo Concello de Soutomaior que arrancará o xoves 1 de decembro e que se desenvolverá durante 15 días en horarios de tarde. As sesión terán lugar de 16:00 a 18:00 horas no centro de maiores da terceira idade en Talo Río con participación completamente de balde. O obxectivo é aprender a facer […]
Cris de Caldas será a encargada de conducir unha sesión de contacontos que se vai desenvolver o xoves 1 de decembro ás 18:30 horas no Multiúsos de Chapela. “Contos para enterder(nos) mellor” é o nome dunha proposta orientada a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade.
Proxección da película Jacinto o sábado 3 de decembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto enmarcado no ciclo de cine Mestre Mateo, iniciativa da Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, […]
Os actores Carlos Blanco e Oswaldo Digón protagonizan a comedia que se poderá ver o domingo 4 de decembro no multiusos da Xunqueira “Quen dixo medo?”, ás 20:00 horas. O prezo das entradas é de 5 euros e poden adquirirse no propio Multiúsos. Blanco e Digón subiranse ao escenario para presentar un show en parte improvisado […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.