O programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia que organiza a Deputación de Pontevedra achega este domingo ás 19:00 horas ao templo de Reboreda un espectáculo a cargo das músicas Andrea González e Clara Planas. Unha actuación na que se presenta a fascinante historia do español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica […]
Co obxecto de conmemorar o Día europeo das linguas que se celebra en todo o mundo o día 26 de setembro, a Biblioteca de Pazos organiza o luns ás 11:00 horas no auditorio do Concello un espectáculo de contacontos a cargo de Olga Cuervo. Baixo o título “Contos que saben a gloria” contaranse diferentes historias […]
o programa Galegas dixitais, dirixido a mulleres, é unha iniciativa organizada por beProject e Ara Formación e financiada polos fondos NexGenerationEU, que conta coa colaboración do Concello de Redondela e é totalmente gratuíta. As mulleres participantes recibirán de agasallo un ordenador portátil ademais dun título oficial acreditativo. As clases darán comezo o 29 de setembro […]
Coa volta ao cole, volven tamén os contos á biblioteca. O mércores día 28 ás 18.00 horas a cativada poderá gozar co conto ‘Amadeo e as historias do Galiñeiro’, unha historia chea de ensinanzas sobre a natureza, os animais e a vida na granxa. Con este tipo de actividades o Concello busca ofrecer alternativas para […]
A Concellería de Turismo organiza o sábado 1 de outubro ás 10:00 horas unha ruta de sendeirismo polo río Pexegueiro na que os participantes coñecerán as ruínas de antigos muíños, lavadoiros, ou lendas da zona. O percorrido estará guiado por Álvaro Diego Fuentes e require de inscrición previa no 986 401713 ou no enderezo […]
Moncho Borrajo abre a quinta edición de Humor na súa tinta, un ciclo que arranca este domingo día 2 ás 19:30 horas no Multiúsos. Presentará o seu espectáculos 50 anos, no que repasa os mellores textos e sketches da súa carreira.
O Goberno local continua este venres 7 de outubro o programa de reunións cos colectivos veciñais e a veciñanza en xeral das parroquias, nun encontro que terá lugar a partir das 20 horas, no Centro Cultural de Trasmañó.
Redondela acolle a proxección de “Ciudad de la selva” sobre os guerrilleiros nos montes de Casaio. O Multiusos da Xunqueira acolle este venres día 7 ás 20:00 horas a proxección do documental "Ciudad de la Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”. A continuación terá lugar unha conversa co seu director Miguel Riaño e parte […]
A biblioteca de Redondela organiza o sábado, 8 de outubro, o espectáculo “Astrolabios“, da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira (Redondela), ás 19:30 horas. Un espectáculo de contacontos no que se aprenderá dos planetas, do espazo e das estrelas.
A Asociación de veciños de Chapela organiza unha excursión aos Passadiços do Paiva en Portugal. A excursión celebrarase o día 9 de outubro e está aberta a toda aquela persoa que desexe coñecer este espazo de grande relevancia natural. Máis información no local da Asociación de Veciños ou chamando ao teléfono 649 37 60 94.
O documental sobre o conflitivo proxecto de parque ostrícola para Cesantes chega ao Multiúsos. O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 9 de outubro ás 18:00 horas no multiusos da Xunqueira en Redondela o documental Ostras. O Peche do mar, un traballo impulsado pola directiva da entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira […]
O Centro Cultural de Cabeiro celebra este mércores día 12 o Festival do Pilar, a partir das 18.30 horas, coas actuacións da coral de San Esteban de Negros, o grupo vocal Loureiro Verde e a coral polifónica Ou Coto do Carballal. A entrada é libre.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.