Actuación do grupo Os Coribantes de Buchabade, de Ponte Caldelas quen ofrecerán un concerto no que mesturan música galega con todo tipo de ritmos. O domingo 7 de agosto na Praza da Casa da Torre ás 21:00 horas enmarcado na programación cultural do Concello
Catro grovense que converteron a súa paixón polo flamenco nun grupo que triunfa nos escenarios. Estarán o venres 12 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.
A artista redondelá actuará na praza da Casa da Torre o día 13 de agosto ás 22:00 horas. Unha actuación na que presentará o seu último disco A Moura co que está a triunfar a nivel nacional e internacional.
Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.
O grupo vigués é un referente dentro do seu estilo marcdo pola rumba, o flamenco máis pop e temas propios. Poderá escoitarse o venres 19 de agosto na Almaeda Rosalí de Castro en Chapela ás 21:30 horas
Un ano máis Redondela celebra o terceiro sábado de agosto (día 20) o xa tradicional entroido de verán que chega a súa XXIII edición. Unha cita festiva que contará coaas actuacións musicais de Herdeiros da Crus e De Vacas.
A Rondalla de Redondela súbese ao escenario nesta ocasión na Casa da Torre para ofrecernos un concerto o domingo 21 de agosto ás 21:00 horas. Unha proposta musical enmarcada na programación cultural do Concello.
A banda PillaBands bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. Nun show con interacción co público chega a Chapela cun evento orientado a todos os públicos. O 2 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.