A Sociedade labrego cultural organiza o luns 28 unha tarde de entroido orientada aos máis cativos con animación de Tatarina e concurso de disfraces a partir das 17:00 horas. Haberá premios para os tres primeiros clasificados e merenda de balde para a rapazada.
o martes de Entroido deixa activiades para todos os públicos con obradoiros infantís na Alameda de 17:00 a 19:00 horas, pasarrúas con Troula Animación, desfile e concurso de disfraces individual e colectivos a partir das cinco da tarde diante dos soportais do Concello e pechará a xornada o espectáculo da queima do meco a cardo […]
A parroquia de Chapela vivirá o seu día grande do entroido o sábado 5 de marzo con desfile de ocmaprsas que partirá ás 18:00 hroas dende o Alto da Encarnación ata chega a praia de Arealonga onde terá lugar a queima do berete e a posterios actuación de Festicultores.
O domingo 6 marzo continúan as actividades do entroido na Alameda de Talo Río en Arcade con animación orientada ao público familiar “Peque disco Moc Moc” ás seis da tarde e actuación do Trío Musical Tres.com de 19 a 21 horas
As bibliotecas municipais súmanse á programación do 8M cun contacontos a cargo da narradora oral Ana Facchini e o seu espectáculo “Tanto conta, conta tanto”. Unha actividade que terá lugar o venres 11 ás 18:30 horas. Compre inscrición previa na propia biblioteca, no teléfono 986-454-226 ou por correo electrónico no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal
Unha unidade mobil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase o xoves 17 ao concello de Soutomaior. As persoas que o desexen poderán facer as súas doazóns nas inmediacións da praza de Abastos en horario de 10:00 - 14:30 e de 16:30 - 21:00
A historiadora Raquel Fernández pecha os actos da muller en Soutomaior este venres 18 cunha charla na biblioteca Luis Seoane de Arcade. A conferencia será este venres ás 18:30 horas baixo o título ‘Somos, porque elas foron’, a historiadora e responsable da conta Mulleres galegas falará do papel das mulleres durante a transición.
Os monicreques da Compañía Larraitz Producións artísticas regresan a Redondela co seu espectáculo Dona Barriga Verde. Unha actuación de balde o venres 18 de marzo ás 18:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza o Concello de Redondela
Un libro no que se “reivindica o primeiro amor” a través duns textos que arrancan no ano 1975 e van evolucionando ao longo de máis de tres décadas. O poemario, publicado por Chan da Pólvora será presentado este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nun acto no que Luís Gustavo Cuntín estará rodeado […]
A formación redondelá forma parte do ciclo de música folk “A nosa música”. O concerto terá lugar o sábado 19 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
A biblioteca de Arcade acolle o mércores 23 unha contacontos a cargo de Soledad Felloza. A actividades leva por nome Bailar nas nubes e terá lugar ás 18:00 horas con entrada de balde.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.