Beatriz Rico presenta no Multiúsos da Xunqueira o monólogo “Antes muerta que convicta” o sábado 18 de decembro ás 20:30 horas. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
A Agrupación Anaquiños é a encargada do festival de Nadal que se vivirá no Multiúsos de Chapela o domingo 19 de decembro ás 18:00 horas coa actuación dos seus diferentes grupos de música e baile. Entrada de balde.
Papá Noel comezará a xúa xira en CESANTES, no Campo de San Pedro, entre as 16 h e 16 30 horas e no Centro Cultural de 16:45 h a 17:15 horas para continuar cara ao VISO onde terá un primeiro encontro coa rapazada no Centro Cultural de Soutoxuste de 17:30 h a 18 horas e […]
A pianista Andrea González interpreta en Redondela a música do monxe beneditino galego Rosendo Salvado. O concerto terá lugar no Multiúsos da Xunqueira o vindeiro luns día 20 ás 19:00 horas e está incluído no ciclo Salvado en Ruta subvencionado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.
A actividade desenvolverase do 22 de decembro ao 5 de xaneiro co obxecto de cubrir as vacacións escolares dos rapaces e facilitar a conciliación familiar e laboral. O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Inscrición no 986 451556 ou na cantina do Círculo Cultural. O prezo é de 90€ todos os días do campamento […]
Grande e cativos poden percorrer as rúas de Arcade montados nun tren acompañados de papa Noel. Unha actividade de balde por orde de chegada que se vai desenvolver o mércores 22 en horario de mañá e tarde con saída dende a Alameda Talo Río.
Unha acción solidaria que se desenvolverá o xoves 23 de decembro na Alameda de Talo Río en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Todo o recadado coa venta dos libros irá destinado a Cáritas e haberá churro e chocolate para todos os que colaboren coa compra dalgún dos libros. En […]
Concerto de Nadal a cargo de dúas formacións nas que a música jazz e blues están moi presentes: a ría Jazz de Portugal e a Xingro’s Big band do Conservatorio de Redondela. O xoves 23 de decembro ás 20:00 horas con entrada de balde.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.