O Conservatorio de Música Victor Ureña de Redondela organiza o venres 3 de Decembro, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, un concerto benéfico a favor da ONG redondelá “Da man”. No concerto participarán alumnos de diferentes especialidades e agrupacións instrumentais do Conservatorio como a Chouque Big Band. Entrada donativo 5 euros.
“O que hai que ver” unha nova comedia da compañía Fulano, Mengano e Citano o sábado 4 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
A agrupación redondelá regresa aos escenarios locais cunha actuación o sábado 11 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.
A Igrexa de Reboreda acolle un concerto cos grupos Navia Swing Band (Vigo) e Xingro's Big Band (Redondela). A cita está organizada pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
O Multiúsos de Chapela énchese de música coral coas formacións Coral o Piñeiral e Coro voces graves de Vigo. O domingo 12 de decembro ás 18:30 horas con entrada de balde. Organiza o Concello de Redondela.
O auditorio do Concello acolle o venres 17 ás 11:30 horas a entrega de premios correspondente aos "III certame de relato curto de Pazos promovido dende a Biblioteca e no que participaron 67 escolares de distintas idades do CPI "Curros Enríquez".
O Centro Cultural de Reboreda acolle un concerto de Nadal coa participación do Grupo de Acordeóns Algareiros e o Grupo de Música e Coro Tradicional de Cidadelle. Ao remate do concerto, organizado pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, ofrecerase aos asistentes doces de Nadal e sidra.
Beatriz Rico presenta no Multiúsos da Xunqueira o monólogo “Antes muerta que convicta” o sábado 18 de decembro ás 20:30 horas. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.