Presentación do libro “Calladita no eres más bonita” na Biblioteca Municipal Luis Seoane, o día 26 de Novembro ás 18:00 horas enmarcado dentro da programación que organiza o concello de Soutomaior co gallo do día contra a violencia de xénero. Escrito por Nuria Prieto, baseado en testemuñas reais de mulleres menores de 30 anos, vítimas […]
Galiza Nova organiza un acto baixo o título Rachamos co patriarcado este venres 26 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura. Trátase dun obradoiro no que se analizará "O papel da muller no cinema e nas series”.
O Concello organiza o sábado 27 de novembro unha visita guiada aos petróglifos de Monte Penide, concretamente os que se atopan en Chan da Cruz e Coto do Corno. A inscrición é gratuíta e debe realizarse no teléfono 600 381782.
Ummm!! unha comedia para chupar os dedos da compañía Avento Producións chega ao Multiúsos da Xunqueira da man do IV Ciclo de teatro Infantil do Concello de Redondela. O 28 de novembro ás 18:00 horas. Prezo 3 euros.
O Multiúsos do Piñeiral en Chapela acolle o II festival de outono coa actuación do grupo Airiños do Mar de Teis. O domingo 28 de novembro ás 19:00 horas con entrada de balde.
As persoas interesadas en acceder a este servizo municipal que se desenvolverá entre o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas deberán facer a súa solicitude antes do 10 de decembro. A actividade desenvolverase nun total de seis parroquias así como no centro da vila e busca […]
As Bibliotecas súmanse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller e organizan un contacontos-obradoiro a cargo da profesora Jessica Rodríguez que se desenvolverá en Chapela o xoves día 2 de decembro. Unha actividade de contacontos e obradoiro baseada no album ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”. En Chapela o día […]
O Conservatorio de Música Victor Ureña de Redondela organiza o venres 3 de Decembro, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, un concerto benéfico a favor da ONG redondelá “Da man”. No concerto participarán alumnos de diferentes especialidades e agrupacións instrumentais do Conservatorio como a Chouque Big Band. Entrada donativo 5 euros.
“O que hai que ver” unha nova comedia da compañía Fulano, Mengano e Citano o sábado 4 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
A agrupación redondelá regresa aos escenarios locais cunha actuación o sábado 11 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.
A Igrexa de Reboreda acolle un concerto cos grupos Navia Swing Band (Vigo) e Xingro's Big Band (Redondela). A cita está organizada pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.