A Orquesta de Saxos organiza as primeiras xornadas deDirección dee Orquestra do 11 ao 13 de novembro baixo a batuta do mestre Sander teepen e o pianista acompañante Martien Maas. Inscricións en orquestadesaxos@hotmail.com
A Comisión de Festas de Vilar organiza este xoves, 11 de novembro, festividade de San Martiño, unha xornada de convivencia, castañas, música e verbena que arrancará ás 12 do mediodía e se prolongará ata ben entrada a noite como actuación do grupo Assia.
O Reina Sofía, Casa Natal Picasso, o Pompidou de Málaga, Casa Vicens Gaudí e a Colección do Museo Ruso compartirán as súas estratexias de comunicación co público asistente a unha xornada que se celebra este venres 12 de novembro no Multiusos de Redondela. Reforzar a presenza dixital e crear seccións que favorezan a interacción cos […]
A Asociación Cultural Sinha Paca recupera a festa das castañas cunha celebración que se vai desenvolver en Ventosela. O sábado 13 de novembro dende as 11:00 da mañá ata as nove da noite.
O Concello de Soutomaior organiza este domingo 14 de novembro unha actividade de celebración do outono baixo o título "Lume de contos para tarde de castañas". A xornada desenvolverase a partir das 17:00 horas no Campo de San Benito de Romariz e inclúe a actuación do contador de historias Celso Fernández Sanmartín (Celsiño).
A escola galega de teatro musical presenta a obra “O candil, un musical galego”. O domingo 14 de novembro ás 18:30 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
A Casa da Cultura acolle este xoves 18 a presentación do libro A árbore dos vagalumes da escritora Xulia María Barros. A presentación literaria contará tamén coa actuación musical de Sheila Patricia. O acto será ás 19:00 horas e contará coa presenza da escritora, a editora de belagua Edurne Baines e a alcaldesa Digna Rivas.
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa do Concello de Redondela convocan os traballadoras a unha Asemblea Xeral o venres 19 ás 8.00 horas no pavillón polideportivo da Marisma (pavillón novo) para informar sobre o estado das negociacións co equipo de goberno sobre os complementos salariais, sobre os resultados da Mesa Xeral de […]
A campaña solidaria desenvolverase do 19 ao 25 de novembro en supermercados de toda España. Unha iniciativa á que se suman as tendas de Redondela que contará coa participación de 30 voluntarios encargados de informar aos clientes sobre esta nova edición da Gran Recollida que será virtual: achegas económicas ao pasar por caixa, adquisición de […]
Continúa o programa de visitas guiadas ao antigo camposanto de Redondela construído en 1833 e recentemente rehabilitado. A súa posta en valor pasa necesariamente por dalo a coñecer entre veciños e visitantes, polo que dende o Concello organizan estas visitas os días 19 de novembro e 17 de decembro ás 20:00 horas. As prazas poden […]
La vida es rocanrol é o título do espectáculo que nos propón El Sevilla o domingo 21 de novembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
As Bibliotecas súmanse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller e organizan un contacontos-obradoiro a cargo da profesora Jessica Rodríguez que se desenvolverá en Redondela este xoves 25 e en Chapela o xoves día 2 de decembro. Unha actividades de contacontos e obradoiro en base ao album ilustrado “Peúgo, […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.