Paseo nocturno para coñecer o litoral de Cesantes e a enseada de San Simón. En horario de 21.30 a 23.30 horas. Actividade de balde con reserva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.
Celebrarase ás 11:00 horas no Campo de Fútbol da Gándara e abordaranse cuestións como o traballos e actuacións do ano pasado, os que se realizarán no presente ano eo novo proxecto de ordenación do monte.
O domingo 22 de agosto os amantes da canción tradicional galega poderán gozar coa actuación da agrupación Airiños do Mar de Teis, ás 20.30 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.
Cinema de rúa este domingo 22 de agosto ás 22:00 horas en Talo Río co proxección de "Capitana Marvel" . Filme ambientado nos anos 90 que nos presenta esta aventura da viaxe de Carol Danvers (Brie Larson) para converterse nunha das heroínas máis poderosas do universo e descubrir quen é en realidade. Entrada de balde […]
O Plan Revitaliza da Deputación achega a Alameda de Castelao o xoves 26 dous obradoiros relacionados coa compostaxe . Serán as 10:30 horas para nenos de 6 a 8 anos co "Xogo da Miñoca" e ás 12:00h para nenos de 9 a 12 coa actividade "Quen vive aí?". As inscripcións poden realizarse en turismo@redondela.gal ou no […]
Paseo nocturno polo rego do Maceiras para coñecer a flora e fauna da zona. Saída ás 21.30 horas. Actividade de balde con reseva previa no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13. Organiza concellería de Medio Ambiente.
O peirao de Arcade acolle o sábado 28 ás 21:30 horas a actuación do grupo de teatro MDM quen presenta a obra El mentiroso. Unha representación en clave de comedia para todas as idades.
O XXII Festival internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo celébrase en Redondela do 1 ao 5 de setembro. Actuacións de rúa, nas carpas e no auditorio da Xunqueira.
Soutomaior acolle o domingo 5 de setembro ás 20:00 horas na Alameda de Talo Río o programa cultural "Coñece o Teu Camiño" que combina un espectáculo infantil a cargo da compañía Barafunda Animación e unha actuación de folclore con música e danza tradicionais a cargo da Asociación Folclórica Corisco e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas. […]
As persoas interesadas en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio de Música Victor Ureña como na Escola de Música, teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os intrumentos dos que dispoñen nas xornadas de portas abertas que o centro realizará até o día 8 en horario de 10.30 a 13.30 horas.
A Cruz Vermella de Redondela organiza na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda o obradoiro Procurando Saúde con sesións individuais e grupais nas que se falará de sa´due, benestar, caldiade de vida, xestión do estrés, autoestima e autocoñecemento. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro na oficina da Cruz Vermella nos baixos […]
O Peirao de Arcade acolle o sábado ás 19:30noras o espectáculo de novo circo, clown e malabares para todos os públicos con Kambahiota con La Coquette (Madrid).
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.