Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Inscrición de comparsas

22 Xaneiro 2024 @ 08:00 - 2 Febreiro 2024 @ 17:00

As agrupacións que queiran participar no desfile de comparsas teñen de prazo para se inscribir no rexistro xeral do Concello ata o 2 de febreiro. O goberno local destina ao desfile de Comparsas un total de 10.500 euros que serán distribuídos tanto en premios como en axudas a aquelas agrupacións que acompañen o Entroido nos actos programados para o domingo 11 de febreiro. As axudas outorgaranse en función dos integrantes de cada comparsa e os premios repartiranse en diferentes categorías: mellor comparsa, mocidade, retranca e inclusión e diversidade.

Haberá premios tamén para os grupos, parellas e disfraces individuais que participen o martes 13 de febreiro nun desfile que terá lugar na rúa diante dos soportais do Concello.

En todos os casos, as comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto nos seus vestiarios coma na súa actuación. As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. As carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 3,50 metros.

O número máximo de comparsas que participarán no desfile e que poderán recibir os premios virá determinado polo número de participantes no desfile e pola dispoñibilidade do espazo existente para este, e elixiranse por rigorosa orde de solicitude de inscrición no Rexistro xeral.

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición no rexistro do concello antes do 2 de febreiro tal e como se recolle nas bases que se poden consultar na súa páxina web.

Detalles

Comezo:
22 Xaneiro 2024 @ 08:00
Remate:
2 Febreiro 2024 @ 17:00
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: