Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

II Andaina Popular Valle Inclán

Setembro 14 @ 09:00 - 15:00

Redondela e Soutomaior celebran a II Andaina Popular Valle Inclán

A ruta, cun percorrido histórico de 12 kilómetros, terá lugar o domingo 14 de setembro con saída ás nove da mañá dende o pazo da Reboraina e remate no Castelo de Soutomaior. A participación é gratuíta previa inscrición no enderezo soutomaior.gal. O número de prazas ascende a 160.

Durante o percorrido haberá ademais pequenas paradas nas que se lembrará a figura de Valle Inclán e dos persoeiros que o acompañaban naquela xuntanza celebrara hai 130 anos. Noutro punto haberá unha breve charla centrada na riqueza etnográfica existente na nosa contorna con referencias á Peneda ou os petróglifos de Ventosela.

Ao finalizar a andaina no Castelo de Soutomaior, os participantes terán a súa disposición un servizo de autobús para regresar ao punto de partida no Pazo da Reboraina.

Detalles

Data:
Setembro 14
Hora:
09:00 - 15:00